- “Ulises” foi a gran triunfadora da noite, premiada con Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Guión
- “17 años juntos”, de Javier Fresser, gaña o Premio do público
A gala do I Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV colgou o cartel de completo no Auditorio de Verín. Tras unha semana de Festival, o xurado convertiu a curtametraxe Ulises coma a máis premiada da noite. O filme conseguiu os trofeos de Mellor Director (Aitor Gutiérrez), Mellor Actor (Cándido Uranga) e Mellor Guión. O premio a mellor actriz foi para María Larralde de “Restart”.
Nas tres categorías do Festival conseguiron o galardón: “Restart”, dentro de Fronteira; O Moredo en Entroido; e Dente de León en Emigración. O premio do público recaeu en “17 años juntos”. Ademais o festival concedeu un Premio de Honor Especial ao verinés Carlos Folgoso, fotoxornalista que expuxo as súas fotografías no Auditorio de Verín durante todo o certame. Trátase xa que logo dun recoñecemento á súa obra, centrada en dúas das temáticas do Festival: Fronteira e Emigración. O propio Folgoso tamén é un emigrante en Italia na actualidade e non deixa de reflexar na súa obra esa realidade, mesmo infiltrándose como un inmigrante nun Centro de Identificación e Expulsión.
A gala estivo presentada por Alberto Rolán (verinés, coñecido pola súa participación en series coma Terra de Miranda ou Matalobos) e Machi Salgado (quen o ano pasado recibiu o premio María Casares polo seu papel protagonista na obra teatral Feo). E contou con actuacións de luxo: Maren Ladson, que con tan só 18 anos xa impresiona coa súa voz profunda e a súa música que mestura o folk co pop e o rock, serviu de adianto do lanzamento do seu primeiro disco, que sairá a luz no 2017. Ademais, un equipo de seis persoas -integrado por Xabier Vaz interpretaron bandas sonoras de filmes moi populares. Varios. E mesmo os “cigarróns”, elemento clave do Entroido verinés, fixeron a súa aparición no escenario.
Ademais na gala estiveron presentes moitos dos directores das curtas presentadas no Festival, como por exemplo Oscar Doviso de O Rebelde, Charli García de Polo, David Vázquez de O Moredo, David Oeo de Añadir Contacto, Juan Hervella-Rego de Share o no Share e Héctor Domínguez-Viguera de El Pozo.
Os membros do xurado que asistiron foron Jorge Coira (importante director audiovisual galego), Ledicia Sola (actriz ourensana), Sandra Pinho (presidenta do cineclube de Chaves) e Emilia Somoza (concelleira de cultura de Verín).
Ao evento tamén acudiu parte do reparto e equipo técnico da coprodución luso galaica Vidago Palace.
CRÓNICA DA GALA
A gala de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín estivo presentada por Alberto Rolán e Machi Salgado. O gran evento comezou coa actuación de Xavi Vaz, que interpretou o primeiro fragmento da banda sonora. A continuación, interviú, en representación do equipo directivo, a coordinadora xeral do FIC, Emilia Somoza, para saudar aos asistentes e, posteriormente, tivo lugar a actuación musical de Marem Ladson.
A presentación da primeira tanda de premios incluiu o galardón a Mellor guión e Mellor curta de Emigración. Esta primeira parte finalizou coa interpretación da segundo fragmento da banda sonora da man de Xavi Vaz.
A segunda tanda de premios inclúe o recoñecemento a Mellor Actriz, Mellor Actor, Mellor curta Fronteira. Esta parte tamén finalizou cunha actuación musical, esta vez con Marem Ladson.
Por último, na terceira tanda de premios, recibiron premio os galardonados nas seguintes categorías: Mellor Director, Premio do Público e Mellor curta Entroido. Esta parte finalizou coa actuación musical de Xavi Vaz, que interpretou o terceiro fragmento da banda sonora.
CURTAS PREMIADAS
Ulises, curta española dirixida por Aitor Gutiérrez e producida por Jon Díez Domínguez, obtén triple vitoria: é premiada con Mellor Director, Mellor Guión e Mellor Actor. O protagonista do filme, Ulises, é un home solitario cun plan moi especial. Pasa un día e unha noite nun hotel. E nese breve espacio temporal é capaz de conseguir ser seis persoas distintas.
Dent de lleó, curta española dirixida e producida por Jorge Bellver, resultou gañadora do premio a Mellor Curta no bloque de Emigración. Este traballo recolle a voo dun dente de león que simboliza a emigración africana a Europa. O dente comeza a súa viaxe cando unha nena decide que acompañe ao seu pai, o cal marchaba a outro lugar na procura de ingresos para a familia.
Restart, curta española dirixida por Olga Osorio e producida por Juan Galiñales, saiu vitoriosa cun premio á Mellor Actriz para María Larralde. Ela interpreta a unha muller que é vítima dos experimentos dunha empresa que investiga a execución de viaxes no tempo. É a historia dun bucle temporal que non deixará a ninguén indiferente.
O Moredo, dirixido por David Vázquez é un documental sobre o Entroido Ribeirao. Unha peza da gran valor histórico que recolle o testimonio de varias xeracións sobre esta singular celebración, que agora xa só se mantén na aldea de O Moredo. Un achegamento a un Entroido diferente para poñer en valor, da man dos que máis o coñecen, o seu carácter único.
17 años juntos é a historia dunha familia de emigrantes que traballan como empregados de fogar nunha casa española para tentar que o seu fillo poida vir de Sudamérica e vivir con eles. Javier Fresser, gañador de 13 Goyas, dirixe esta conmovedora historia sobre o valor da familia e os regalos inesperados.
Un pracer estar nesta primeira edición do FIC de Verín. Parabéns a organización polo traballo feito, o listón está alto, pero o camiño queda aberto. Ánimo para a segunda edición!!