FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • A RAIA
    • NOVA
    • HORIZONTES
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Importantes proxectos universitarios relacionados co cinema participan no Festival Internacional de Curtas de Verín

6 Decembro, 2017

Festival Internacional de Curtas de Verín

  • Universidades españolas e lationamericanas mostran os seus proxectos por primeira vez en Galicia.

Verín, 6 de decembro de 2017.- A sexta xornada do Festival Internacional de Curtos de Verín ( FIC) Vía XIV comezou coa mesa redonda “Cinema, Festivais e Universidade”, integrada por Cristian Bonilla, director do Festival Enfocus da Universidade Latina de Costa Rica; Vanesa Fernández, directora de Territorios e Fronteiras da Universidade do País Vasco; e Fernando Gómez, coordinador de Suroscopia na Universidade de Córdoba. Xuntos fixeron un repaso polos principais certames e encontros cinematográficos que se realizan no ámbito académico.

Última xornada do Foco Juan Soto

Esta tarde, ás 17,00 horas no Auditorio, terá lugar a segunda xornada do Foco Juan Soto, o ciclo de cinema dedicado á obra deste director colombiano.

A última xornada deste ciclo estará centrada nas poéticas do político, e dentro desta liña proxectaranse e debaterán 19° Sur 65° Oeste (2010 – 30’25”) e Oslo, 2012 (2012 – 18’20”).

Más proyecciones de las categorías Horizontes, Nova y Otra Mirada

Pola tarde exhibiranse 20 curtos que aspiran ao concurso, entre as proxeccións que se realizarán no Auditorio e a Casa da Cultura.

Ás 18,45 horas comezarán no Auditorio as proxeccións das obras incluídas na categoría Horizontes. Esta incide na idea do horizonte como liña imaxinaria e invisible, afastada e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da migración. Doutra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de fronteira entre onde estamos e calquera outro lugar. Nesta categoría poderanse visionar os seguintes curtos: Damiana, de Andrés Ramírez Puído (Colombia, Brasil. 2017.15´); Scaffold, de Kazik Radwanski (Canadá. 2017.15´); Mariachi Praza, de Misho Antadze (Xeorxia, USA. 2017. 19´); Tres oracións sobre a Arxentina, de Nele Wohlatz (Arxentina. 2016. 4´); The boy from h2, de Helen Yanovsky (Israel, Palestina. 2017. 30´).

Á mesma hora, pero na Casa da Cultura, comezarán as proxeccións da categoría Nova. Esta alberga curtos que non tiñan cabida nas temáticas categorizadas. Recompila filmes contemporáneos, cinema de autor e obras que non se rexen por formatos industriais comerciais. Neste espazo exhibiranse I like girls, de Diane Obomsawin (Canadá. 2016. 8´); A Femme Canon, de Albertine Zullo e David Toutevoix (Canadá. 2017. 14´); Copa – Tola, de Christos Massalas (Grecia. 2017.14´); She´ s beyond me, de Toru Takano (Xapón. 2017. 42’).

As proxeccións a categoría Nova continuarán ás 20,30 horas no Auditorio. O público que se achegue ata alí poderá visionar Interiors & exteriors, de Ashique Mostafa (Bangladesh, USA. 2017. 8´), White trash, de Sunč ica Ana Veldić (Croacia. 2017. 12´); Hedgehog´ s home, de Eva Cvijanović (Canadá, Croacia. 2017. 10´); Five Minutes, de Justine Bateman (Usa. 2017. 9´); María, de Gala Negrello (Arxentina. 2017. 15´); e Greetings From Kropsdam, de Joren Molter (Holanda. 2016. 23´).

Tamén ás 20,30 horas, na Casa da Cultura, arrincará o visionado de cinco curtos incluídos na categoría Outra Mirada, dedicada ao entroido no seu máis amplo sentido. Proxectaranse Whipping Zombie, de Yuri Ancarani (Italia. 2017. 30´); O becerro pintado, de David Pantaleón (España. 2017. 10´); Can Negro, de Tomas Faiman (Arxentina. 2016. 14´); A Bouche, de Camilo Restrepo (Francia. 2017. 19´); Explosion ma baby, de Pauline Curnier Jardin (Holanda, Francia. 2016. 9´).

Proxección no ciclo Nouvelle Vague

Na terceira xornada deste ciclo que pretende realizar unha sinxela aproximación a algúns dos directores que marcaron a Nouvelle Vague, esta tarde proxectarase O desprezo (Lle mépris, Jean-Luc Godard, 1963) – 104′.

Os críticos de cinema Nicolas Azalbert e Víctor Paz serán novamente os encargados de presentar a película e comentar os aspectos determinantes da mesma.

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies