
Directores: Mohamed Salem Lansari, Brahim Chagaf e Digya Mohamed-Salem.
L- Aarifa é un cargo dentro da estrutura política do Polisario. Nos campamentos de poboación refuxiada saharauí, este posto é ocupado por mulleres, quen, á súa vez, tiveron gran peso dentro do conflito. Nesta curta móstrase o problema entre a familia e o traballo ao que se enfronta unha destas mulleres.