2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín

9 Setembro, 2022

  • Particularmente populosas foron as actividades desenvolvidas ao abeiro da Zona Roombo, un espazo que pretendía recuperar a esencia inicial do festival e convertelo nun gran contedor cultural
  • Axentes clave de Verín como os representantes do eido empresarial e do comercio do municipio implicáronse activamente na iniciativa

Verín, 09 de setembro de 2022.- Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín, que se desenvolveu a semana pasada na vila do Támega. Unhas 1.700 fixérono de forma presencial e a máis de 300 chegouse vía streaming. “Esta cifra converte á edición de 2022 nunha das de maior afluencia da historia do certame, tendo en conta que a duración do mesmo se reduciu nalguns días en relación a anos anteriores”, sinala Carlos Montero, director do festival.

Xunto a isto, destaca que moi exitosas foron as actividades desenvolvidas ao abeiro da Zona Roombo, habilitada no exterior do Auditorio tras un acordo de colaboración entre a empresa local que lle dá nome e a Asociación Cultural Vía XIV. De feito, dúas das actividades enmarcadas neste espazo, as catas de viños da D.O. Monterrei e de cervexas artesás, completaron na súa totalidade o seu aforo, e os concertos e actuacións musicais tamén rexistraron un elevado número de espectadores.

Precisamente, a Zona Roombo permitiu ao FIC Verín recuperar a súa esencia inicial de constituirse nun gran contedor cultural propoñendo diversas actividades ao longo de toda a semana en Verín. “O cambio de rumbo do noso certame, efectuado coa habilitación deste espazo, revelouse moi exitoso”, confirma Carlos Montero.

Implicación dos axentes socioeconómicos

O director do FIC tamén se amosa moi satisfeito coa implicación dos diferentes axentes socioeconómicos da localidade no discorrer desta edición do festival, “en especial co respaldo obtido por parte de comerciantes e hostaleiros”. Ademais, agradeceu o “apoio incondicional” ao evento que presta o Concello de Verín.

Particularmente exitosas, no marco das actividades paralelas propostas pola propia organización do FIC, foron os pases do documental Mauthausen, regreso ao campo da morte, exhibido o sábado 3, e o evento “Entroido, outras miradas”, que se desenvolveu na xornada do día 1 de setembro, e que convocaron a máis de 100 persoas cada unha. En canto á actividade “Sopa Cómica”, dirixida á cativada por parte da narradora oral Raquel Queizás, congregou en total a 230 nenos e nenas de Verín e comarca.

FIC Vía XIV

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies