
Nora Sola: Xornalista, empresaria e directora de sete edicións do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Nora Sola é unha profesional que estivo toda a súa vida vinculada aos medios de comunicación. Posúe unha ampla experiencia en prensa, radio e televisión que abarca todos os campos, desde a produción ata a dirección en todos e cada un dos seus proxectos. Na actualidade e tras a súa xubilación é colaboradora habitual en diferentes programas de radio e televisión, coordinadora do Club de Lectura e do Grupo de Teatro Leido Berenguela, así como vicepresidenta do Club de Leones Ourense Calpurnia.

Chema Paz Gago: Natural de Celanova, Chema Paz Gago é director da Semana Internacional de Cine de Betanzos e membro do Padroado da Fundación Carlos Velo, única fundación no eido audiovisual de Galicia e organizadora responsable do OUFF (Festival de Cine de Ourense). Catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, onde foi director do seu Servizo de Medios Audiovisuais e do Mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos, é autor de numerosas publicacións sobre teoría e historia do cinema e especialista nas relacións entre literatura e cine.

Salette Ramalho: Nada en 1977, en Vila do Conde, estudou arquitectura e licenciouse en Artes-Pintura en 2002 en Porto. Realizou varias exposicións neste campo. Entre 1997 e 2007 foi membro da Xunt Directora e Programadora do Cineclube de Vila do Conde. Foi xurado en varios festivais de cinema como Interfilm Berlim (2005, Alemaña), Rencontres Audiovisuelles Lille (2009, Francia) Imago Fundão (2009, Portugal)e Nouveau Cinema Montreal (2012, Canadá). En 2011 e 2016, formou parte da xunta de expertos para o financiamento da produción-curtametraxes de animación, longametraxes de animación, series de animación, proxectos documentais e innovación audiovisual no Instituto Portugués de Cine. Dende 2009, é membro do comité de selección do Festival Internacional de Cine Curtas Vila do Conde.