
A LEGACY OF HORSES
Jessica Karlsson e Annika Karlsson
Suecia
2019
16´
Película documental sobre un pai e un fillo que forman parte dunha extraordinaria cultura de cabalos urbanos. Céntrase na paternidade, a masculinidade e o orgulloso legado dos cabalos, a traves de xeracions, nunha sociedade cambiante.
Autor: Jessica e Annika Karlsson
Annika estudou nunha escola de cinema (Fridhem Film, Suecia) e tamén ten unha licenciatura en Xestión de Proxectos e Cross Media. Jessica foi alumna na rama de Ciencias do Cinema en Lund e na Universidade de Copehangue. Ten unha licenciatura en Pedagoxía pola Universidade de Estocolmo.
JE FINIRAIS EN PRISON
Alexandre Dostie
Canadá
2019
23'
Maureen Sauvageau sofre un brusco accidente mortal nun coche no medio da nada, o que a deixa coa culpa e coa angustia da compaña dun mozo adicto.
Autor: Alexandre Dostie
Nado na zona rural de Quebec, en Canadá, que colorea na súa obra, Alexandre Dostie é un artista autodidacta cunha formación atípica. Poeta, cantante punk e cineasta.
EL CÓDIGO INTERIOR
Pau Subirós
España
2020
16'
Que acontecería se deixases de falar o teu propio idioma?
Autor: Pau Subirós
Estudou Filosofía e Antropoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona, cidade na que naceu en 1979. Colaborou en numerosos proxectos cinematográficos e televisivos, e dende o ano 2006 dirixe a produtora audiovisual El Kinògr.
LA SAISON DES HIBISCUS
Éléonore Goldberg
Canadá
2020
10'
Zaire, xaneiro de 1993. A familia de Rachel, unha nena francesa de 8 anos, vive en Kinshasa nunha casa con vistas ao río Congo. Seguindo a rutina habitual (compras, almorzo, sesta…) a cidade é obxecto de violentos saqueos por parte dos soldados zaireños.
Autor: Éléonore Goldberg
Directora de cinema e ilustradora, nada en Francia e residente en Canadá. Leva publicando novelas gráficas dende o ano 2006 e as súas curtametaxes animadas exhíbense a miúdo en diferentes festivais de cinema.