
LAGO DOS NENOS
Carlotta Napolitano
España
2019
16'30''
Unha historia de lobos e piratas onde a imaxinacion imprime a súa escena. Esta curtametraxe realízase durante a residencia audiovisual Illas Cies e propón investigar a natureza salvaxe das illas.
Carlotta Napolitano
Carlotta Napolitano (Nápoles, 1987). Estudou Antropoloxía na Universidade La Sapienza de Roma. En 2012 rematou un proxecto narrativo-visual chamado Poesie d’amore (o della pietra), sobre as diferentes etnias de Mali, que concluíu cunha instalación e coa publicación dun libro.
SOUVENIR
Cristina Vilches/Paloma Canonica
España/Suiza
2019
13'30''
Souvenir' é a historia dun pai e da súa filla e dunha insólita viaxe a través do tempo e da memoria. Un percorrido contrarreloxo polas lembranzas dunha vida enteira.
Autor: Cristina Vilches & Paloma Canonica
Animadora e ilustradora, nada en Zaragoza en 1991. Posúe un Mestrado en Libro Ilustrado e de Animación Audiovisual pola Universidade de Vigo (Pontevedra). Grao en Belas Artes na Universidade de Zaragoza, Campus de Teruel, 2009-2014.
Canonica ten 31 anos e medrou en Prato-Levantina, unha pequena vila emprazada nas montañas de Suíza. É ilustradora e animadora.
ALIVE
Jimmy Olsson
Suecia
2020
23'
Victoria móvese en cadeira de rodas, Ida é a súa asistenta. Un día, cando Victoria coñece a mozo de Ida, algo se espera no seu interior: ela tamén quere coñecer a intimidade e o amor.
Autor: Jimmy Olsson
Jimmy naceu no sur de Suecia en 1980 e mudouse a Estocolmo en 2004, onde está establecido actualmente. Comezou a traballar no eido cinematográfico en 2002 e foi ocupando diferentes responsabilidades e postos na industria, por tras da cámara.
DELPHINE
Chloe Robichaud
Canadá
2019
14'
Delphine é un retrato caústico da dinámica de poder na nosa sociedade. Describe a viaxe dunha moza libanesa que, a súa maneira, érguese contra a intimidacion á que foi sometida cando era nena. Delphine é unha oda á infancia, pero tamén un exame das feridas que pode causar.
Autor: Chloé Robichaud
Trátase dunha directora cunha carreira sólida e establecida, que en 2013 foi incluída na selección oficial do Festival de Cannes coa súa primeira longametraxe, Sarah prefire as carreiras.