O artesán Rubén Pedreiro asina o Premio do Público do Festival de Curtas de Verín 2022

  • A peza caracterízase pola súa simpleza


Verín, 19 de agosto de 2022.- Como cada ano, a organización do FIC Vía XIV de Verín dá a un artesán local a oportunidade de crear a peza coa que se distinguirá o Premio do Público. Nesta edición, escolleuse ao artesán natural de Riós e aficado en Verín, Rubén Pedreiro, de 36 anos, que nun primeiro momento se amosou “sorprendido” coa petición da organización do certame.

Pedreiro, que ademais de artesán, rehabilita vivendas, entre outros traballos, dixo que si á proposta e axiña se puxo mans á obra para crear unha peza “en consonancia coa imaxe gráfica do FIC deste ano”. Por iso, sinala que a súa proposta parte do deseño que se realizou para o cartel, en particular do fenaquitoscopio.

Como unha pedra collida do río

“Parto deste círculo psicodélico e aplícolle a filosofia do meu traballo como artesán: a simpleza”. Por iso propoño unha peza que emula unha “pedra collida do río, lixada cun rematado agradable ao tacto, que conserva os seus trazos básicos sen parafernalia e se sostén nunha peana de madeira coa parte de abaixo embutida na pedra”, sinala.

O director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, eloxia o traballo de Pedreiro e destaca a súa “singularidade” ao ofrecer un concepto moi “en sintonía e coherencia” coa “imaxe visual” desta edición do certame.

Rubén Pedreiro, autor da peza coa que se distinguirá o Premio do Público da VII edición do FIC Vía XIV
Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *