LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O Auditorio de Verín colga o cartel de completo co pase da obra Encerrona, protagonizada por Pepe Viyuela

9 Setembro, 2023

  • O actor rioxano conquistou ao público da vila cunha representación que reflexiona sobre o cotiá dende a perspectiva do pallaso, con tintes de comedia e humor absurdo

As 350 butacas coas que conta o Auditorio de Verín ocupáronse este serán durante a representación do pase teatral Encerrona, protagonizado polo actor rioxano Pepe Viyuela. Trátase da segunda vez que este recinto completa o seu aforo na súa historia cunha actividade deste perfil (a anterior ocasión na que sucedeu foi coa visita de Luis Zahera). O público, procedente de Verín maioriatariamente pero tamén doutros puntos da comarca e, mesmo, da provincia desfrutou cunha obra na que Viyuela propón unha reflexión sobre o cotiá dende a perspectiva do pallaso, con tintes de comedia e humor absurdo.

“O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas á hora de entrar na escena posto que non sabe onde se está a meter. Entón atópase co público. El non vén actuar, pero vese obrigado a iso”. Este é o resumo da sinopse de Encerrona, a obra coa que Viyuela está a percorrer con éxito a xeografía española. Un pase de hora e media de duración cun notable trasfondo que dá pé a unha reflexión sobre a propia existencia do ser humano.

Ademais, durante toda esta fin de semana estase a levar a cabo tanto no Auditorio como en diferentes emprazamentos exteriores de Verín o obradoiro Interpretación ante a cámara, unha iniciativa de 22 horas de duración impartida por Santi Cañaveral e Álex Mallo cuxo obxectivo é ofrecer claves para que os participantes poidan manexarse actoralmente con soltura perante as cámaras.

Música de The Funkles

A segunda xornada da VIII edición do FIC Vía XIV, que ata o vindeiro día 17 de setembro se desenvolverá na vila do Támega, completouse coa música de The Funkles, que realizou un tributo á mítica banda de Liverpool The Beatles prestando especial atención a aquelas cancións do grupo que serviron de banda sonora para diversos films.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *