logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O comercio local de Verín engalanará os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte no marco do FIC Vía XIV

10 Agosto, 2022

  • Este ano distribuiranse unha serie de bonos desconto entre os establecementos adheridos a Aever
  • Ao trocar os bonos no festival, as persoas obterán un desconto nas súas entradas para as proxeccións das sesións oficiais e das actividades paralelas

Verín, 10 de agosto de 2022.- A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever,  apoiará o desenvolvemento do FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha acción promocional do festival en diversos establecementos da vila.

Ao igual que noutras edicións do certame, os comerciantes de Verín que o desexen engalanarán os seus escaparates con motivos relacionados co cinema no marco dunha inciativa promovida por Aever en colaboración co FIC: o concurso “escaparates de cine”.

Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e será no decurso do Festival, en concreto na xornada do 4 de setembro, cando se coñezan os galardoados. Os premios  non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

Obrigas dos participantes

Os participantes deberán dispoñer desde o 22 de agosto ata o 4 de setembro os seus escaparates con motivos relacionados co cinema. Ademais, deberán ter visible o distintivo de participación no concurso facilitado no momento da inscrición, que poderán efectuar mediante un boletín que se editará ao efecto a través da sede de Aever. O prazo limite para inscribirse remata o vindeiro 16 de agosto ás 14,30 horas.

Poderán participar nesta iniciativa todos os establecementos comerciais que o soliciten e estean emprazados en Verín. O Concello designará aos integrantes do xurado, composto por un membro do consistorio e por dous do equipo do FIC Vía XIV 2022. O seu fallo será inapelable.

Xunto a isto, este ano a organización do Festival Internacional de Curtas de Verín distribuirá unha serie de bonos desconto entre os establecementos adheridos a Aever, que poderán ser trocados nas entradas para as proxeccións das sesións oficiais ou das actividades paralelas.

Carlos Montero, director do FIC, quere agradecer a implicación do comercio local co festival e destaca que os comerciantes e empresarios de Verín “sempre están aí respaldando a iniciativa e un ano máis imos contar co seu apoio para difundir e comunicar o noso certame entre a poboación”.

Presentacion concurso escaparates AEVER FIC VIA XIX
De esquerda á dereita: José Ángel Rodicio, xerente de AEVER; Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, e Santos Álvarez, presidente de AEVER.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *