2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O Entroido marca un ano máis a axenda do FIC Vía XIV

1 Setembro, 2022

  • As narrativas menos convencionais arredor desta celebración marcaron unha das actividades paralelas do certame, celebrada esta tarde no Auditorio de Verín baixo a denominación “Entroido, outras miradas”

Verín, 01 de setembro 2022.-  O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, acolleu esta tarde a actividade paralela Entroido: outras miradas. Ao igual que en anos anteriores, a temática do Entroido é un dos piares fundamentais da programación paralela do FIC e, nesta ocasión, faino a través de narrativas menos convencionais

Dunha banda, dentro desta acción proxectouse unha sesión de curtametraxes cuxo fío condutor é o Entroido dende unha visión de orixe e posta en común das diferentes tradicións arredor desta celebración. Son pezas de diferentes entroidos do mundo, coa finalidade de comprobar como dialogan estas tradicións en latitudes tan diversas.

As pezas que puideron verse no Auditorio de Verín foron:

Nan Lakou Karnaval
de Kaveh Nabatian (HT, 2014, 9′)
Viaxe polo entroido haitiano vivido por unha muller nova, na fronteira entre o documental, o poema visual e a alucinación. Anxos da morte e grupos de homes cubertos de xarope negro enfróntanse a un xigante con ollos de lume, ao ritmo da música ‘rara’ e ‘raboday’ haitiana.

Pasaia
de Grossmann (FR, 2021, 23′)
Galería de monstros, desfiles musicais, abismo dun espazo e dun tempo mistificados, gran circo estacional convulso, esta exploración fílmica mergúllanos nun mundo moi afastado, onde a mitoloxía vasca se tece en paisaxes atemporais. Os costumes e as crenzas conflúen nun ritual ancestral.

Malanka 
de Paul-Louis Léger e Pascal Messaoudi (FR, 2018, 13´)
Nalgún lugar nos outeiros de Ucrania, preto da fronteira con Romanía, Gigi está a celebrar Malanka, unha festa pagá na que os osos son os heroes.

A sesión finalizou cunha curta filmada nos anos 70 en Laza:

Peliqueiros 
do Equipo Lupa (GZ, 1973, 35’)

A filmación do entroido ourensán mantense coma un motivo case que constante nas distintas iniciativas cinematográficas da década, mais será a visita do grupo Lupa ao entroido de Laza e os seus célebres peliqueiros a que de comezo ao rexistro desta singular festividade.

Euloxio Ruibal, director desta curta, participou esta tarde na actividade celebrada no Auditorio de Verín.

Carrilano KaoS

Doutra banda, representouse a performance Carrilano KaoS de Álvaro Rúa, con Gaita en DÓ e con técnicas extendidas, na que colaboraron o Fulión de Mormentelos e Kotodama Teatro.

Trátase dun proxecto artístico construído a partir do estudo das técnicas estendidas para gaita galega que centra o discurso da obra no entroido e no sentido esconxurador dos ritos que se celebran no mesmo

O son, a ambientación e a iluminación desta perfomance, que se representou no Auditorio de Verín, foron coidadas ao máximo. Un total de 10 actores profesionais acompañaron a Álvaro Isaac Rúa sobre o escenario para interpretar esta orixinal peza creativa.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies