O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE VERÍN -VÍA XIV PRESENTA O SEU PROGRAMA OFICIAL

2016-11-14-rueda-de-prensa-6

O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín presentou hoxe ante os medios de comunicación o seu programa oficial:

INAUGURACIÓN DO FESTIVAL (LUNS, 5 DE DECEMBRO)

O luns 5 de decembro, ás 21:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o acto oficial de inauguración do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, que será presentado polo reputado actor verinés Toño Salgado.

Para abrir esta primeira edición, a organización do Festival contará coa presentación (por parte do propio director, Hector Domínguez;  o director de producción, Andrés Díaz; a actriz, Clara Pampyn e o deseñador dos créditos, Javier Gutiérrez) e a posterior proxección da curtametraxe “El Pozo”, dirixido polo verinés Hector Domínguez-Viguera Queija e que conta como protagonista principal a Aitana Sánchez Gijón.

As entradas para o acto inauguración, que serán gratuítas e numeradas por orden de chegada, poderán retirarse no propia taquilla do auditorio a partir das 17:00 horas do mesmo día do evento.

SELECCIÓN OFICIAL DE CURTAS (DO 6 AO 9 DE DECEMBRO)

O FICV seleccionou este ano 39 curtametraxes internacionais nas súas tres seccións oficiais a concurso. O certame, que celebrará a súa primeira edición do 5 ao 11 de decembro, contará cunha selección final de obras de ficción, animación e documental, todas elas dun gran nivel procedentes de Galicia, Colombia, México, España, Brasil e Luxemburgo.

As curtametraxes internacionais que este ano integran a sección oficial a concurso foron elixidos entre 650 traballos recibidos pola organización do FICV de un total de vinteún países. O festival desenvolverá a súa programación, do martes 6 ao venres 9 de decembro, en diferentes sesións que terán como escenario o Auditorio Municipal e o Salón de Actos da Casa da Cultura. O acceso ás dúas salas de proxección será libre e gratuíto ata completar aforo. Ademais dos curtos nacionais, o certame verinés contará cunha selección de traballos internacionais que conforman unha completa e atractiva grella de programación.

Cada sección oficial esta conformada por dous bloques de curtametraxes que se repetirán ao longo da semana en tres ocasiones cada un deles para facilitar aos asistentes oa FICV que, na medida do posible, poidan ver todas as cortometraxes sen que interfira coas súas axendas laborais:

EMIGRACIÓN

  • Bloque 1: Share o no Share, Kamishibai, Stalingrado, The heat wave, 17 años juntos, Donde caen las hojas.
  • Bloque 2: Salsa, Diente de León, Cómplices por accidente, Alone, 56, Haters, Cuco.

ENTROIDO:

  • Bloque 1: Ikal, Taller de corazones, el quimérico espectáculo de los Bizzaneli, Cruel perdón, Dieciocho, Brice Gallagan
  • Bloque 2: O Moredo, La conmoción del silencio, Criaturitas, Juegos de risa, Ulises, O proxecto do meu pai

FRONTEIRA:

  • Bloque 1: Wut, El pozo, Naara, Por eso no tengo hermanos, A prueba, O menino do dente de ouro.
  • Bloque 2: Fronteiras de enerxía animal, Sin tu latido, Restart, El Dibujo, Rebelde, Polo, Vostok, Anadir.

 

 

Programación FIC Verín 2016

 

 

GALA FINAL (10 DE DECEMBRO)

O vindeiro sábado 10 de decembro celebrase no Auditorio de Verín, ás 10 da noite, a gala de clausura do Festival Internacional de Curtas de Verín- Vía XIV. Será un evento gratuíto e aberto, que permitirá que todo aquel que desexe achegarse ó acto só teña que retirar previamente invitacións para garantir a reserva de praza no recinto.

A gala estará presentada polos actores Alberto Rolán (verinés, coñecido pola súa participación en series coma Terra de Miranda ou Matalobos) e Machi Salgado ( quen o ano pasado recibiu o premio María Casares polo seu papel protagonista na obra teatral Feo). Ambos serán os anfitrións de honor que conducirán o acto de clausura do Festival de Curtas de Verín. Nesta noite anunciaranse por fin os gañadores dos 7 premios dos que dispón o Festival,(entre os que se atopan o Premio do xurado á Mellor Curtametraxe na Categoría Entroido, ou o Premio do público ó mellor curtametraxe) pero tamén contará con actuacións de luxo.

Maren Ladson, que con tan só 18 anos xa impresiona coa súa voz profunda e a súa música que mestura o folk co pop e o rock, estará presente no evento e deleitará ós asistentes con varios temas en directo. Unha actuación que servirá de adianto do lanzamento do seu primeiro disco, que sairá a luz no 2017.

Por outra banda, un equipo de seis persoas -integrado por Xabier Vaz e outros cinco músicos, tres deles tamén voces solistas, será o encargado de xestionar o son da gala final do Festival Internacional de Curtas – Vía XIV. Farán medleys de bandas sonoras de filmes moi populares que todo espectador cinéfilo coñecerá.

A noite promete emoción e diversión a partes iguais, e será o broche final a unha semana (dende o luns 5 de decembro) na que a vila de Verín se encherá de cine.

A partir do mércores 30 de decembro estarán dispoñibles na web oficial do evento os horarios para realizar a reserva presencial anticipada das entradas.

ACTIVIDADES PARALELAS

  1. FOROS DE DEBATE

 O FIC VERÍN contará con tres foros de debate, con formato audiovisual, que profundarán nos tres temas principais das seccións a concurso: Emigración, Entroido e Fronteira. Estes foro estarán moderados por tres comunicadores de primeiro nivel que achegarán ao público asistente, de maneira didáctica e próxima, ás temáticas dos foros e dunha serie de participantes, todos eles, con nutridas experiencias que achegar os espectadores nas materias.

  • EMIGRACIÓN (6 DE DECEMBRO)

Proponse para este foro unha pequena historia sobre a emigración galega, as súas vicisitudes e causas, a súa magnitude tan brutal en certas épocas convulsas, a inxustiza do desarraigo cultural, e a súa evolución ata chegar aos nosos días, onde non só a emigración sigue vixente, agora co sanguento abandono da súa terra da xeración máis preparada da nosa historia, para rematar cun tema relacionado e de moita actualidade, como é a inmigración dende África, Siria, e outros lugares, evitando sempre o indigno nome de “ilegal”, partindo da base que ningunha persoa é ilegal.

MODERADOR

– Rafael Cid, xornalista verinense, director da delegación galega da RTVE, autor de documentais tan abraiantes como o dos Carrilanos e cunha gran experiencia en televisión, moderará este foro temático. Cid é un bo coñecedor do tema, tanto a nivel profesional como persoal, e polo tanto, o máis indicado para dirixir deste foro cunha temática tan importante socialmente para a nosa comarca.

PARTICIPANTES

– Carlos Folgoso, fotoxornalista, nacido en Verín, 1982. Vive entre Galicia e A Toscana traballando como fotógrafo autónomo. O seu traballo foi publicado en medios como: The British Journal of Photography, Sunday Times, Vanity Fair, Der Spiegel, Paris Match, L’Espresso, Sette, L’Internazionale, Corriere della Sera, Corriere dello Sport, La gazzeta dello Sport, Repubblica, Gentleman, Capital, Lady’s, Io Donna, Oggi, Chi, ABC, La Voz de Galicia, Tempos Novos, Diario de Arousa, Deia, Sonntagszeitung o MagnumPhotos Blog entre otros. Entre os seus premios destacan: Premio Nacional de las Artes Plásticas, Universidad de Zaragoza, 2005, Finalista Descubrimientos Photoespaña, 2013, Finalista Festival de la fotografía Ética, Lodi, 2016 e o Premio Foto del año, Galicia en Foco, 2012.

Desde o ano 2014 é membro fundador do Colectivo Contemporáneos, co cal, ademais de realizar diversas exposicións publica “Contemporaries, thirty photographers of today” un libro editado por Fabrícaa, e “ContemporáneosZine” unha revista/fanzine de caracter bianual, autoeditado e dedicado á fotografía de autor.

– Xurxo Martiz Crespo: Viviu máis de 30 anos en Latinoamérica (Perú e Venezuela). Especialista no exilio económico e político galego en Venezuela, o Caribe e México. Ten publicados máis de dez libros de investigación e traducións do pensamento político latinoamericano para o galego. Ten cidadanía venezolana

– Xosé Lois Leirós Gude: Emigrante retornado de Suíza. Naquel país participou en distintas asociacións de galegos onde desenvolveu un importante labor de concienciación nacional galega entre os emigrantes. Unha vez retornado ao país, en 2001 fundou con outros a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, para manter o firme e decidido compromiso de afirmármonos, divulgando a orixe e identidade galegas. Activista social contra os despropósitos da Administración estatal contra o colectivo, participa activamente na campaña contra a Facenda española baixo o lema «Somos emigrantes retornados xubilados, non defraudadores”.

– José Antonio Silva Abuín :Emigrado en suíza.anos 80.voltou a Noia e montou unha carpintería de aluminio.ten 50 empregados Un exemplo perfecto da mentalidade emprendedora dos emigrantes retornados.

  • FRONTEIRA (7 DE DECEMBRO)

 Aser Ávarez moderará un foro onde o debate xirará arredor do amplo tema da Raia, as fronteiras. Como nos dicía Mandianes, as fronteiras son moitas, ademais dunha simple raia nos mapas, pero o ser humano está preparado para superalas. A Raia, a súa cultura compartida, os paralelismos entre un lado e outro, e tamén as súas diferenzas, serán debatidos extensamente por xente dun lado e outro desa Raia.

MODERADOR

– Aser Álvarez, licenciado en Xornalismo pola Universidade de Valencia. Traballou como xornalista e produtor en varias canles de televisión en España. Tamén traballa como produtor de espectáculos, concertos, festivais de arte e campañas publicitarias.

PARTICIPANTES

– Américo Rodrigues, natural da paróquia de Castro Laboreiro, Raia Seca (marco 2 a 53 da fronteira galega – portuguesa) entre Miño e Lima. Membro fundador do Núcleo de Estudos e Pescuda dos Montes Laboreiro e da Asociación Portuguesa do Can de Castro Laboreiro. Autor e co-autor – de forma afeccionada – de temas como o contrabando, emigração, límites de fronteira, refuxiados da guerra civil española e guerrilleiros antifranquistas en terras arraianas.

– Daniel Maciel é un antropólogo de Viana do Castelo con investigación nas áreas de cultura institucional, arte e resistencia. Mentres colaborador da AO NORTE, está envolvido en diversos proxectos, tales como o curso de verán Fóra de Campo no Festival Filmes do Home de Melgaço e a Conferencia Internacional de Cinema nos Encontros de Cinema de Viana do Castelo.

– Sandra Pinho. Nacida en Angola (cando aínda era unha colonia portuguesa); aos 7 anos veu cos seus avoas maternos para unha aldea de Montalegre e foi alí que por primeira vez tomei consciencia da “Raia”; Licenciada en Xeoloxía; actualmente vive en Vilarelho da Raia e é profesora de Bioloxía e Xeoloxía (ensino secundario) en Chaves. É membro fundadora e presidenta do Cineclub de Chaves que organiza anualmente a mostra de cinema “Á Raia!” co obxectivo de divulgar o cinema dun e do outro lado da raia.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense7 de agosto de 1938) é un político e escritor comprometido coa lingua galega, amplamente recoñecido como un dos máis importantes e representativos da literatura galega contemporánea. Doutor en filoloxía, foi presidente da Real Academia Galega.

– Ángel Sánchez é fundador e director, xunto con Sara García, de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui. Play-Doc cumpriu doce edicións este 2016 e é unha das referencias cinematográficas do xénero. Tamén é co-director de Play-Doc TV, plataforma de cinema por subscrición que emite os seus contidos a través do operador de cable galego R.

– Víctor Coyote Aparicio Músico, deseñador gráfico e artista audiovisual. Un dos seus últimos traballos é ¡SUSPENSO!, unha peza escénica de 40 min sobre Alfred Hitchcock (actualmente en programación no Espazo Fundación Telefónica en Madrid). Fixo varios traballos relacionados coa fronteira, entre eles o libro “Navegante de Raia” e os documentales “Traballadores do contrabando”, “Só concertinas” e “Afranio”. No seu último disco “De pobo e de río” versionea a Amalia Rodrigues con “Havemos de ir a Viana” e a Nelson Vilarinho con “Vira Vilarinho”.

 

  • ENTROIDO (8 DE DECEMBRO) 

MODERADORA

– Nora Sola, xornalista de moitisima experiencia en televisión; non en van é presentadora e redactora dun magacine na cadea Telemiño que ten unha gran audiencia e trata tan diversos temas, como sociedade, novas de alcance, patrimonio. A súa sensibilidade para a nosa terra, o seu agarimo polas nosas tradicións e a súa procedencia verinesa, configúrana como a persoa máis axeitada para desenrolar e moderar un tema que a todos nos apaixona: o entroido.

Sola dirixirá esta mesa con vídeos e gravacións propias, con testemuñas dos diferentes entroidos tanto da comarca como doutros lugares das montañas orientais (León, Zamora, Portugal…). Así mesmo, se propón unha serie de persoas, protagonistas deses entroidos para que o punto de vista exposto non sexa só o científico, senón máis ben un acercamento ás vivencias, emocións e os sentimentos desta celebración ancestal.

PARTICIPANTES

– Rosa María Rodríguez Portela, dona do bar máis mítico que xamais existiu en Verín, o Fidel´s viu pasar diante da barra a miles de persoas, cada unha coa súa propia idea do entroido, converténdose nun santuario do mesmo. A súa amiga Montse, o espíritu libre, e ela enchen elas soas de entroido toda unha praza, co seu bo humor e retranca.

– Luisina, mítica entroideira e viúva do máis mítico aínda Pescadilla, cun premio que ten o seu nome, xa é historia viva do noso pobo, e pouca xente non sabe que sen ela, os entroidos non serían o mesmo. A graza, a liberdade…, vivir o entroido como só as xeracións maiores o saben vivir, algo que todos os máis novos debiamos saber antes de pensar que nós inventamos o entroido.

– José Rodríguez Cruz, etnógrafo, escritor, erudito da Raia, un gran colaborador da cultura do noso pobo, con varias publicacións sobre o tema nas súas costas, tamén é un home que vive o entroido dende dentro, con todas as emocións de vestir o cigarrón, o vellarón do Riós, ou meterse a fotografar outros entroidos descoñecidos do norte de Portugal e montañas orientais.

– Jorge de Viana, outro home que vive o entroido dende dentro, pero ademais con todo o compromiso de defender e manter o entroido como sempre foi en Viana, coa gran máscara do Boteiro, espectacular onde as haxa. Posuidor dunha boa colección de sabedoría sobre o pasado desa máscara, dos entroidos de Viana e Vilariño, e as súas singularidades por cada aldea da zona.

– Fanfán. Unha das persoas máis importantes para o entroido dende hai catro ou cinco décadas. A súa imaxinación, esforzo e compromiso son insuperables, e moitas xeracións medraron vendo as grandes montaxes entroideiros deste home. Porque non só era imaxinación, pois unha maña e un xeito para levar a cabo os seus proxectos non están ao alcance de calquera. Por suposto, é da vella garda, con retranca e humor.

  1. CURSO DE DOCUMENTALES (VENRES 9 E SÁBADO 10 DE DECEMBRO)

O FICV contase cun apartado formativo dedicado ao cinema documental co obxectivo de dotar aos alumnos dos coñecementos teóricos e técnicos básicos para que poidan levar a cabo unha curtametraxe documental.

En primeiro lugar, os alumnos obterán uns coñecementos básicos de narrativa audiovisual, dos códigos e convencións que nos permitirán contar historias con imaxes.

En segundo lugar, os asistentes ao curso profundarán no proceso de creación audiovisual a través dunha das súas primeiras fases: o guión de cinema. Como se escribe un guión de cinema documental? Cales son as súas claves?

Daránselle ao alumno tamén unhas nocións básicas de produción audiovisual, ensinándolle aos pasos básicos para planificar e executar un proxecto.

Posteriormente penetrarémonos na parte máis técnica do curso. Ao principio, un par de sesións para nivelar a clase respecto dos coñecementos tecnolóxicos e informáticos que son necesarios para levar a cabo un proxecto desta índole. Despois, para aprender o manexo da cámara de vídeo.

Tamén haberá un bloque dedicado á realización de cinema, no que se lle mostrarán ao alumno principais secuencias que compoñen un documental: entrevistas, seguimentos, recreacións…

Por último, traballarase a fase de postproducción de vídeo. Os alumnos editarán o material gravado previamente en clase para poñer en práctica os aspectos teóricos que aprenderon durante o curso.

O prazo de inscrición estará aberto a partir do mércores 30 de decembro. Os interesados deberán cubrir o cuestionario que se encontra na páxina web oficial do evento.

  1. ACTIVIDADES INFANTILES

O Festival Internacional de Curtas de Verín, faille un oco aos máis pequenos da vila. Con motivo da celebración do primeiro Festival Internacional de Curtas, os nenos de Verín, poderán gozar dun conxunto de actividades relacionadas coa temática do festival, especialmente programadas para eles. Ditas actividades, desenvolveranse ao longo da primeira semana de decembro no Auditorio Municipal, coincidindo coa primeira edición do Festival de Curtas.

Trescentos alumnos de primaria, provenientes dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España e Mª Inmaculada daranse cita os días 7 e 9 de decembro no Auditorio Municipal de Verín para participar nunha serie de actividades promovidas polo Festival Internacional de Curtas. A realización das devanditas actividades, transcorrerá entre as 10:30 e as 13:30 da mañá e terán como obxectivo, achegar aos máis pequenos ao mundo audiovisual e incentivar o seu interese polo festival de curtos e a cultura cinematográfica así como fomentar o seu espírito crítico.

Entre as actividades programadas, os nenos máis pequenos poderán crear as súas propias animacións stop motion con figuras de plastilina, ademais de aprender a manexar programas sinxelos de edición de vídeo, no taller “A caixiña de mistos” dirixido por Xoán Mariño. Por outra banda, os alumnos de cursos máis avanzados de primaria, poderán ver proxectados no auditorio, unha serie de curtametraxes animadas de temática social e humanitaria, como “Diente de León” ou “Taller de corazones” aos que puntuarán en función da opinión que lles mereza.

  1. VÍDEO MOSTRA FOTOGRÁFICA “MIGRACIÓNS”

Desde o martes 6 ao venres 9 de decembro, a sala multiusos do Auditorio Municipal acollerá unha vídeo mostra fotográfica permanente na que o fotógrafo verinés Carlos Folgoso, a través do seu obxectivo, achegaranos á crúa realidade da crise migratoria en Europa.

“Nos últimos anos tiven a oportunidade de coñecer de primeira man moitos feitos relacionados coa inmigración cara Europa. Puiden ir a illa de Lampedusa a fotografar a traxedia dos naufraxios dos días 3 e 11 de Outubro do 2013 nos que perderon a vida polo menos 394 persoas, na súa maioría de Libia, Eritrea, Somalia e Ghana, a posterior visita do Papa Francisco e o funeral de estado en honor ás vítimas. Tamén viaxei a través da Ruta dos Balcáns, fotografando o éxodo dende Oriente Medio cara Europa, persoas de Siria, Iran, Irak, Kurdistán e Afganistán que fuxían da guerra ou dos conflitos do seu país, familias enteiras ou persoas soas, xente de tódalas idades. Tamén puiden entrar de maneira oficial, da man dos propios funcionarios, en varios C.I.E (Centros de Identificación e Expulsión) para inmigrantes e ver cos meus propios ollos as condicións en que alí se vive, pero foi máis interesante entrar infiltrado e facerme pasar por un inmigrante dentro de un C.I.E durante unha semana, para poder comprobar por min mesmo a diferenza entre a realidade e o que me querían facer ver.” Carlos Folgoso.

  1. C.R.E.A TERTULIA CAFÉ

C.R.E.A  é una tertulia café con directores e creadores  audiovisuais entorno o tema ” curtas en Galicia ”  que terá lugar o día 10, ás 17:00 horas, café Meigallo.

Cañas con CREA é un encontro informal entre profesionais da dirección, aberto ao público en xeral. Calquera escusa é boa para reunirse e falar de cine. Nesta ocasión o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín convértese no marco perfecto, polo que falaremos da dirección de curtametraxes en Galicia e do que se tercie.

Estas Cañas con CREA nacen da vontade de colaboración entre a Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia (CREA) e o FIC Verín, están patrocinadas por … e leváranse a cabo o sábado 10 de decembro no Café Meigallo ás 17:00 horas

FIC VERÍN

A área de Cultura do Concello de Verín, tras conseguir consolidar propostas de teatro e cinema na vila, aposta agora por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel. Trátase de VÍA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes de Verín. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, o festival celebrarase do 5 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros das proxeccións, e estará formada por tres seccións a concursoFronteiras, Emigración e Entroido. Paralelamente, organizaranse foros de debate complementarios ás seccións competitivas, un taller de realización de documentais e actividades didácticas audiovisuais (taller de stop motion) para os máis pequenos.

O equipo de VÍA XIV está formado por Emilia Somoza (Coordinadora xeral), Carlos Montero (Director), Xosé Lois Santiago (Director de Produción), Francisco Naveira (Director Técnico) e Jorge Godás (Medios Dixitais e Publicidade).

VÍA XIV concederá os seguintes premios, con dotación económica e galardóns:

  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Entroido: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Emigración: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Fronteira: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Guión: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do público á Mellor curtametraxe: 600 euros e Trofeo

 

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *