LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O Festival Internacional de Curtas de Verín porá de novo o foco nun dos seus piares fundamentais: o Entroido

18 Agosto, 2022

  • Farao a través dunha actividade paralela no marco da cal se proxectará unha sesión de curtametraxes centrados nesta temática, que finalizará co visionado dunha curta filmada en Laza nos anos 70
  • Doutra banda, representarase a performance Carrilano KaoS, do verinés Álvaro Isaac Rúa Manso, un proxecto artístico construído a partir do estudo das técnicas estendidas para gaita galega que centra o discurso da obra no entroido e no sentido esconxurador dos ritos que se celebran no mesmo


Verín, 18 de agosto de 2022.- O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, acollerá o vindeiro 1 de setembro a actividade paralela Entroido: outras miradas. Ao igual que en anos anteriores, a temática do Entroido será un dos piares fundamentais da programación paralela do FIC e, nesta ocasión, serao a traves de narrativas menos convencionais.

Dunha banda, dentro desta acción prevista no programa proxectarase unha sesión de curtametraxes cuxo fío condutor será o Entroido dende unha visión de orixe e posta en común das diferentes tradicións arredor desta celebración. A sesión finalizará cunha curta filmada nos anos 70 en Laza.

Doutra banda, representarase a performance Carrilano KaoS de Álvaro Rúa, un proxecto concibido por este mozo verinés de 31 anos que xorde como traballo de investigación final para o seu Grao Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, cursado no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Carrilano KaoS explora a temática do Entroido, centrando a súa mirada no celebrado na localidade de Mormentelos e empregando as súas figuras e sons como fío condutor. Faino a través da gaita, con técnicas estendidas, e plantexa unha narrativa que “ten que ver coa renovación da vida que trae consigo o Entroido”, sinala o seu autor.

Orixinal peza creativa

O son, a ambientación e a iluminación desta perfomance, que se representará no Auditorio de Verín, están coidadas ao máximo. Un total de 10 actores profesionais acompañarán a Álvaro Isaac Rúa sobre o escenario para interpretar esta orixinal peza creativa.

Carlos Montero, director do FIC Vía XIV, considera que “o festival de Curtas de Verín, un ano máis, non permanece alleo ao Entroido, un dos seus piares fundamentais e principios inspiradores”. Montero confía en que esta proposta concibida no marco da axenda de actividades paralelas do FIC “conquiste ao público” e axude a “divulgar o poder transformador do Entroido”.

Álvaro Isaac Rúa Manso

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *