LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV tentará achegar o cinema ás persoas

12 Novembro, 2017

Festival Curtas Verín

  • Neste propósito enmárcase unha das actividades paralelas que se celebrarán ao abeiro do certame: un obradoiro participativo dirixido pola cineasta vasca Maider Fernández
  • Paralelamente, un ciclo específico intentará realizar unha sinxela aproximación a algúns dos directores que marcaron a Nouvelle Vague

 

Verín, 12 de novembro de 2017.- O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) Vía XIV ten entre os seus propósitos achegar o cinema ás persoas e para iso deseñou unha completa axenda de eventos paralelos que se porán en marcha entre o 1 e o 10 de decembro na capital do Támega. Unha destas actividades será un obradoiro específico sobre cinema para todos os públicos, dirixido pola artista vasca Maider Fernández, cuxos traballos teñen sido estreados en decenas de festivais (San Sebastián, Málaga ou Sevilla) e teñen gañado varios premios.

Baixo o título “Achegar o cinema ás persoas”, este obradoiro desenvolverase entre o 1 e o 3 de decembro. O propósito é que cada asistente poida elaborar unha curtametraxe con imaxes e videos domésticos captados desde o seu propio teléfono móvil. Porque o mellor xeito de coñecer algo é facéndoo e, por iso, é importante ofrecer aos participantes e espectadores do FIC Vía XIV unha aproximación práctica a esa outra forma de facer cinema.

Inscripción online

Deste xeito, este obradoiro pretende cumprir dous obxectivos básicos: dunha banda, dar a coñecer aos participantes autores e películas que se fixeron con ferramentas que todos temos ao noso alcance e, polo outro, que cada participante realice a súa propia peza co seu teléfono móbil.

Os interesados en participar neste obradoiro teórico-práctico, de 12 horas de duración, poden inscribirse no formulario online que atoparán aquí. O prezo por inscrición é de 30 euros (20 no caso dos estudantes).

Sobre Maider Fernández

Maiter Fernández é educadora, artista e realizadora. Traballou como mediadora no Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera, en San Sebastián. Compaxinou ese labor co de profesora de fotografía nos cursos anuais de Donostia Kultura da cidade e, a súa vez, realizando distintos traballos audiovisuais no proxecto colectivo As mozas de Pasaik. Actualmente, atópase realizando en solitario o proxecto As letras de Jordi e a videoinstalación Gloria e María.

No propio FIC Vía XIV 2017, os asistentes terán a oportunidade ademais de coñecer unha mostra do seu traballo centrado no cinema doméstico, no retrato e no encontro co outro.

Ciclo Nouvelle Vague

Xunto a isto, outra das actividades máis destacables da segunda edición do FIC Vía XIV é unha retrospectiva da Nouvelle Vague, que se desenvolverá entre o 4 e o 8 de decembro. O ciclo pretende realizar unha sinxela aproximación a algún dos directores que marcaron esta corrente, amosando títulos de distintas etapas e con temáticas e estilos moi heteroxéneos. Trátase de reflexionar sempre sobre o seu lugar na historia do cinema e a percepción da súa figura hoxe.

Hai seis décadas que o termo Nouvelle Vague se empregou por primeira vez nunha reportaxe de L'Express para referirse aos cambios xeracionais dos que medraron na posguerra e que ían protagonizar o maio do 68 ou presenciar a liberación de Arxelia. Abríase un novo tempo que as películas galas ían tamén reflecir co movemento cinematográfico que máis marcou ao cinema europeo. Un grupo de mozos críticos saídos da revista Cahiers du Cinéma, coa vista posta nos grandes autores de Hollywood e desexando romper con todo o academicismo, lanzáronse a dirixir e erixíronse precisamente niso, en autores.

“As contribucións deste cineastas chegan ata os nosos días, cunha influencia que se fai sentir, non só en moitos directores do cinema francés actual, senón en todos os realizadores mundiais herdeiros da modernidade”, destaca Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. “Por iso, consideramos interesante incluír esta retrospectiva na programación do noso Festival”,engade.

Nicolas Azalbert

Neste ciclo intervirá o prestixioso crítico galo Nicolas Azalbert, que traballa na revista francesa Cahiers du Cinéma desde hai 17 anos. En 2009, incorporouse ao Consello de Redacción da publicación, á que imprimiu un renovado e sinxelo estilo que lle ten permitido achegarse a máis lectores de todo o mundo.

Azalbert é, ademais, membro do comité de selección do Festival de Biarritz América Latina desde 2013 e dirixiu catro películas Se non afogo (2003), Se fora eu un fiuncho (2005), A Brasa, As Cinzas (2015) e A liberdade das pantasmas (2015).

Xunto a Azalbert, tamén intervirá nesta actividade Víctor Paz, licenciado en Xornalismo pola Universidad de Santiago de Compostela. Paz traballou como xornalista especializado en cinema en diversos medios radiofónicos e audiovisuais. Actualmente, forma parte do equipo do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

 

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *