FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O Festival Internacional de Curtas de Verín xa ten cartel ilustrador

7 Novembro, 2017

  • O traballo gañador do concurso foi realizado polo navarro Iñaki Fernández Iturmendi

 

Verín, 07 de novembro de 2017.-  O Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín 2017 xa conta con cartel ilustrador. O xurado do concurso convocado para escoller a imaxe gráfica do certame elixiu, de entre as 25 propostas que se presentaron, a do navarro Iñaki Fernández Iturmendi. Trátase dun cartaz que amosa, na parte central da imaxe, un chocallo humanizado e ataviado coas lentes que se empregan para ver cinema en 3D e que, en lugar de soga, é atravesado polo negativo dun filme.

En opinión de Jorge Godás, responsable de Creatividade do FIC, “a orixinal idea gráfica de Fernández Iturmendi mestura tradición con modernidade e evoca, ademais, un dos elementos máis significativos do Entroido verinés como é a choca do cigarrón”. Godás destaca ademais “o altísimo nivel dos traballos presentados a esta segunda edición do concurso”.

Máis de 400 traballos premiados

Pola súa banda, o autor do cartel ilustrador, Iñaki Fernández Iturmendi, afirma estar  “moi ilusionado” de que a súa proposta fose a elixida “porque a todos nos gusta que se nos recoñeza o noso traballo”. Fernández Iturmendi leva gañado máis de 400 premios de deseño gráfico de diversos eventos desde o ano 1998. De feito, un dos seus traballos serviu para ilustrar unha das edicións da emblemática Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci).

O gañador destaca que sempre que se presenta a un concurso deste tipo tenta documentarse o máximo posible sobre o contexto xeográfico e os elementos idiosincráticos da zona na que éste se xera. “No caso de Verín, o do chocallo é un son típico que lembra e esperta o Entroido e por iso quixen facer un símil gráfico con esta imaxe e dotala dunha nova mirada, para que sirva como chamada ao Festival de Curtas”, indica.

 

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies