- Rafael Godás Ibáñez e Marco García Torres presentaron esta tarde no Auditorio de Verín a obra Son para audiovisuais
Verín, 09 de setembro de 2021.- Dentro da súa actividade divulgativa relacionada con diferentes aspectos técnicos da sétima arte, o FIC Vía XIV de Verín acolleu hoxe a presentación da obra Son para audiovisuais, cuxos autores son Marco García Torres e Rafael Godás Ibáñez, profesores na área de imaxe e son. A publicación traslada aos lectores técnicas, trucos e exemplos de probada eficacia para que poidan comezar a crear bandas sonoras con resultados profesionais.
A ligazón entre a área sonor a e a área visual é un dos eixes recurrentes das actividades paralelas que o FIC Vía XIV prevé para o seu público. “A conexión entre ambos ámbitos inspira a obra Son para Audiovisuais e consideramos que o noso certame era un lugar axeitado para acoller unha presentación do libro”, apunta Carlos Montero, director do festival de Verín.
Un manual técnico
A publicación está editada por Altaria, unha editorial especializada en manuais técnicos para estudantes de Formación Profesional. “O primeiro público obxectivo da obra é o dos estudantes”, sinalou Godás ibañez porque “nós, os autores, somos profesores”.
“Con esta presentación, a primeira que realizamos da obra, pretendemos ampliar o público ao que se dirixe a publicacion e levala tamén ata posibles creadores”, engade o co-autor da obra.

Deixa unha resposta