O FIC Vía XIV de Verín acolle a presentación da webserie Os Tempos Mortos do Führer

  • Trátase dun proxecto audiovisual nado na provincia de Ourense cuxo teaser foi rodado no Retiro do Conde, en Vilaza

Verín, 09 de agosto de 2021.- A VI edición do FIC Vía XIV de Verín acollerá a presentación da webserie Os tempos mortos do Führer, un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo teaser foi filmado no Retiro do Conde, en Vilaza (Monterrei). A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos.

Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, a webserie amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico.

Dende a produtora do proxecto, Conxuro Producións, considérase que a presentación desta webserie no FIC Vía XIV representa unha “ocasión idónea para dar visibilidade ao proxecto” dirixido por Daniel Rodríguez González e con guion a cargo de Diego Temes Garrido.

A webserie conta, ademais, coa presenza da xornalista de Verín, Esther Estévez, ben coñecida polo público por ser a presentadora do espazo da TVG, Dígocho eu.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *