LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

O FIC Vía XIV de Verín exhibirá un avance do documental Entroidar, no marco da súa axenda de actividades paralelas

12 Novembro, 2019

  • Trátase dun proxecto dirixido polo realizador santiagués Pablo Ces

Verín, 12 de novembro de 2019.- No marco da axenda de actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín, exhibirase na vila do Támega un avance do documental Entroidar, un proxecto que está a dirixir o santiagués Pablo Ces. Entroidar é un documental que se asenta en tres piares fundamentais: as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se fai e a propia celebración.

Tal e como salienta o seu director, este documental “busca tumbar mitos” e céntrase moi especificamente no Entroido de Laza. Neste municipio, o Entroido non só se estende durante cinco días senón que comeza a principios de cada ano, cando os chocos inician o ruxir pola contorna.

Como se transforman as persoas

O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos… “Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido”, destaca Ces.

O documental, que está en proceso de realización, non consiste só nunha recompilación de declaracións, senón que realiza un seguimento de diferentes referentes desta celebración e afonda nas súas vidas e no que significa o Entroido para elas e eles. A condución da historia no documental está a cargo dun “consello de sabios” que conversan entre sí para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos.

Ademais de se presentar un avance do documental, no FIC Vía XIV haberá un debate sobre o mesmo e unha exposición no hall do Auditorio de Verín que levará por título “Descubrindo o Entroido de Laza”.

Pablo Ces Marco

Nado en Santiago en 1978, o director de Entroidar é Enxeñeiro Técnico Informático de Sistemas e Licenciado en Comunicación Audiovisual. Nos seus comezos no mundo audiovisual foi axudante de produción en varios proxectos, operador de cámara e responsable de edición en MrMisto Films.

Durante o ano 2011 foi produtor e realizador de vídeos corporativos e publicitarios para Tv7. Dirixiu varios documentais, entre eles As silenciadas, premio Mestre Mateo 2011 ao Mellor Documental e Premio “Popular (Runner Up)” no Festival Internacional Online Humanity Explored entre outros (www.silenciadas.es), Torreiros (2012) e O eslabón perdido (2014), que foron seleccionados en más de 30 festivais nacionais e internacionais.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *