O FIC Vía XIV de Verín reforza o seu vínculo co Entroido programando unha actividade paralela protagonizada por Frei Chitín

  • A personaxe creada por Miguel Ángel Prieto Sotelo amosará aos asistentes ao certame verinés un desternillante documental cun marcado carácter entrodeiro

Verín, 24 de agosto de 2020.- Miguel Ángel Prieto Sotelo tense convertido, por méritos propios, nunha das personaxes máis singulares do Entroido de Verín. Por este motivo, foi o encargado de pronunciar o pregón da gran festa da vila do Támega, no Domingo de Corredoira 2020. Para reforzar o seu vínculo co Entroido, que é un dos eixos temáticos do FIC Vía XIV, a organización do certame vai programar unha actividade paralela protagonizada pola desternillante persoaxe creada por Prieto Sotelo: Frei Chitín.

Na tarde do luns, 7 de setembro, o Auditorio de Verín acollerá o espectáculo no que Frei Chitín departirá co público, expoñerá elevadas doses de enxeño e humor e amosará un documental propio creado cun marcado carácter entroidero, que fará as delicias dos asistentes.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *