2222
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • SPOT 2021
  • Patrocinadores
  • Bases 2022
  • Actividades paralelas
    • Festival convidado: Galician Freaky Film Festival
    • Proxección de Mauthausen, regreso ao campo da morte
    • Sopa Cómica
    • Entroido, outras miradas
    • Zona Roombo
      • Cata e maridaxe cos viños da D.O Monterrei
      • Podcast especial de Irmandades da Cuadra
      • HOP & ROLL – Experiencia gastronómica e actuación do DJ Gustavo Rey e Oscar Piñeiro
      • Actuación do Colectivo Salitre
      • Encontro de Vespas, Lambrettas e motos clásicas
      • Concertos das bandas En Mala Hora e Jesus the Snake
    • Gala inaugural
    • Acto de clausura
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Programación
    • Programa 2022
    • A RAIA 1
    • A RAIA 2
    • NOVA 1
    • NOVA 2
    • HORIZONTES 1
    • HORIZONTES 2
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

O Galician Freaky Film Festival e o FIC Vía XIV estreitan lazos de colaboración no Auditorio de Verín

2 Setembro, 2022

  • O director do certame vigués, Juan de Castro, estivo esta tarde na vila do Támega para abordar nun coloquio co público de Verín as singularidades do festival convidado nesta edición do FIC

Verín, 02 de setembro de 2022.- O Galician Freaky Film Festival é o festival convidado polo FIC Vía XIV de Verín nesta sétima edición do certame. O festival vigués naceu hai seis anos como unha mostra de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia. Trátase da cita definitiva do cinema e a cultura freak: un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que moitas veces se ven privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas nacionais, internacionais e mundiais.

Por isto, este ano o Festival Internacional de Curtas de Verín quixo render homenaxe a este evento único traxendo ata a vila do Támega algunhas das súas proxeccións máis singulares e ao seu director, Juan de Castro, para participar nun coloquio co público

O que define ao Galician Freaky Film Festival, segundo o seu director, é o seu carácter gamberro, con filmes que buscan sorprender e xogan co abraiante e co humor máis salvaxe. Para Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín, “convidar ao Galician Freaky Film Festival a exhibir as súas obras en Verín supón tender pontes a outros formatos e a un certame moi singular que se caracteriza por un ambiente particularmente orixinal”.

Exhibición de curtas

Así, dentro desta actividade paralela puideron verse en Verín seis das curtas que formaron parte doutras edicións do Galician Freaky Film Festival: Survivers de Carlos Gómez-Trigo; Night of the living dicks de Ilja Rautsi; Loop de Pablo Polledri; Progeny de Justin Daering; New Not Normal-Trilogy-Super-Cut de Ryan Oksenberg e Metube 3: August Sings “Una furtiva lágrima” de Daniel Moshel.

Hop & Roll

Doutra banda, o Espazo Roombo -habilitado no exterior do Auditorio de Verín- acolleu onte a experiencia Hop & Roll, na que se cataron e se ensinaron a valorar as grandes descoñecidas do noso panorama cervexeiro, ao tempo que se de maridaron con comestibles da nosa terra.

A actividade complementouse combinando cada tándem gastronómico coa obra musical de artistas galegos, unha “pinchada” na que participou o mellor tirador de cervexa de España e tamén DJ de música en galego, Gustavo Rey, xunto ao seu colega Óscar Piñeiro. A continuación, arrincou a parte musical ofrecendo aos asistentes unha sesión DJ de música en galego.

Galician Freaky Film Festival

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies