
O FIC quere achegarse a novos formatos e xeitos de dar coñecer aos seus protagonistas. Imos coñecelos de primeira man grazas a un programa en formato de entrevistas en directo, con toques de humor, reivindicación e cinema. Un podcast que estará conducido por tres xornalistas que charlarán con diferentes convidados ao certame.