
Este ano, dende o FIC Vía XIV promovemos un seminario orientado a aqueles interesados e interesadas que desexen iniciarse na utilización de ferramentas de Intelixencia Artificial, no eido audiovisual e das artes. Ao longo dunha sesión de traballo impartida por Alfonso Sola Limia, filósofo e creador especializado en novas tecnoloxías, mergullarémonos nos aspectos máis destacados e que máis dúbidas suscitan á hora de empregar estas ferramentas.
Actividade baixo inscrición previa de carácter gratuito (os interesad@s poden anotarse no formulario habilitado ao efecto nesta mesma web).
Auditorio de Verín
10-09-2023 // 17:00 a 19:00 horas