- Os escaparates da vila lucirán motivos relacionados co sétimo arte e sortearanse bonos e entradas para o certame entre os usuarios do establecementos adheridos a Aever
Verín, 04 de novembro de 2019.- Un ano máis, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará o desenvolvemento do FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha serie de accións promocionais en diversos establecementos da vila. O xerente de Aever, Jose Ángel Rodicio, comprometeu o apoio da organización que preside Santos Álvarez Diéguez ao director do certame, Carlos Montero, posto que considera que “o festival vai atraer ata a vila novamente a numeroso público e isto redundará positivamente no comercio e na restauración locais”.
Pola súa banda, Montero quixo agradeceu a implicación de Aever co Festival e destacou que os comerciantes e empresarios de Verín “patrocinan este ano unha das actividades paralelas máis sobranceiras do certame: a da homenaxe a Mabel Rivera, unha actriz ben coñecida por todos grazas aos seus papeis en cinema e televisión”.
Bases do concurso na web
Xunto a isto, e ao igual que xa fixeron o ano pasado, os comerciantes de Verín engalanarán os seus escaparates con motivos relacionados co cinema no marco dunha inciativa promovida por Aever en colaboración co FIC. Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e será no decurso do Festival cando se coñezan os galardoados. As bases deste concurso poden ser consultadas na web do FIC (www.ficviaxiv.com).

Deixa unha resposta