logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

Os interesados en participar no IV Festival de Curtas de Verín poderán enviar as súas propostas ata o vindeiro 23 de xullo

22 Maio, 2019

  • As bases da cuarta edición do certame, que se desenvolverá a primeiros de decembro, están xa colgadas na web www.ficviaxiv.com

Verín, 22 de maio de 2019.- A organización do FIC Vía XIV de Verín activou as bases para a cuarta edición do certame, que se celebrará na vila do Támega entre o 30 de  novembro e o 8 de decembro deste ano. Os interesados en participar neste Festival poderán enviar as súas curtametraxes á organización ata o vindeiro 23 de xullo, tal e como se recolle nas bases do certame que se publicaron na web www.ficviaxiv.com.

As pezas, que deben ter unha duración inferior a 31 minutos e ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018, poderán concorrer en calquera das catro categorías fixadas no Festival, que son similares a anos anteriores: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. Establécese un premio en cadansúa categoría de 750 euros, e outro adicional do público, cunha contía de 600 euros.

Dous euros por cada curta inscrita

A inscrición por cada curta participante será de dous euros. Co establecemento desta taxa, a organización pretende “axudar a sufragar os gastos de xestión e desprazamento do equipo de programación do certame -que viaxa, con frecuencia, a diferentes mostras e festivais de cinema en España e no estranxeiro para realizar introspección e selección de curtas- e, ao tempo, establecer un filtro de calidade que posibilite un cribado inicial das pezas recibidas”, segundo destaca o director do FIC Via XIV, Carlos Montero.

Cómpre lembrar que o ano pasado, a organización recibiu máis de 1.260 curtas para participar na III edición do FIC. Delas, foron seleccionadas a concurso un total de 68 pezas de 26 países diferentes.

“Varias das curtas que se proxectaron no noso Festival conseguiron logo nominacións e recoñecementos en diferentes convocatorias de premios celebradas tanto en España coma no estranxeiro como poden ser os premios Goya, a Berlinale ou mesmo os Oscar”, enfatiza Montero, “o que evidencia a calidade indiscutible das pezas que se amosan no certame”.

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *