Pepe Coira presentará a actividade de posta en valor de música e cinema que se programa no marco das actividades paralelas do FIC

Pepe Coira, prestixioso crítico, guionista e director cinematográfico galego e ex director do CGAI, presentará a actividade paralela que programa o FIC Vía XIV na tarde do domingo 6 de setembro e que pretende por en valor a ligazón entre musica e cinema. Trátase dunha iniciativa no marco da cal un grupo de cinco membros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín ofrecerá unha proposta musical orixinal, alternativa e propia a unha curta documental.

A curta á que os membros da Banda de Gaitas Nova Era porán música é O carro e o home, unha película documental en branco e negro dirixida por Antonio Fernández-Román e guionizada entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román, que foi rodada en 1940 e estreada en 1945. Finalizada a rodaxe, a película quedou sen sonorizar e Xaquín Lorenzo gardu unha copia en Ourense, que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ao pulo de Eloy Lozano e á colaboración do Museo do Pobo Galego.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *