
Grazas ao apoio da hostalaría de Verín, O FIC retoma este ano unha nova edición da iniciativa “Pincho cine”, unha actividade gastronómica que permitirá aos veciños e veciñas da vila degustar unha selección de petiscos en diferentes locais de restauración que serán elaborados baseándose en temáticas e escenas cinematográficas ben recoñecidas polo gran público.