Pincho Xoves ofrece unha degustación temática para celebrar o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín

Con motivo da celebración do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV, Verín organiza unha degustación de pinchos temáticos o próximo xoves día 8.

A tradición do Pincho Xoves naceu no verán do 2015, despois de que a Asociación de Empresarios Hosteleros da Comarca de Monterrei realizara un curso de Gastronomía e Turismo Dixital. Este curso foi organizado pola Cámara de Comercio de Ourense.

Desde aquel verán, cada xoves, os establecementos ofrecen o seu propio pincho a un prezo de 1.50 euros. Este evento ten unha grande acollida entre a poboación verinense.

 

Os locais participantes son:

  • Hostal Restaurante Brasil
  • Hostal Restaurante Lugano
  • Hostal Restaurante O Augueiro
  • Hostal Restaurante S. Roque
  • Restaurante Casa Manola
  • Restaurante O Castelo
  • Bar O Corbaceira
  • Bar Gandainas
  • Bar do Caneda
  • Cafetería Ágora
  • Parador de Turismo de Monterrei
  • Café Plaza
  • O Recuncho da Jacinta
  • A brasa
  • O Souto das Candeas
  • A palleira
  • Cafetería O Lure
  • Casa Nela
  • Café Bar Le Palace
  • Café Bar Tapería A Merced
  • Parrillada A Fraga
  • O Regueiro da Cova
Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *