BACHA POSH
Yalda Afsah/Ginan Seidl
Alemania
2017 | 30'
“Bacha Posh” é unha tradición cultural en lugares de Afganistán e Paquistán, na que familias sen fillos varóns elixen unha filla para vivir e comportarse coma un fillo, cumprindo as funcións que a súa cultura lle asigna aos varóns. A través de dúas pantallas veremos representado o espazo exterior e interior da nena que ten que vivir coma un neno, a vida pública e a vida privada.
Yalda Afsah/Ginan Seidl
Yalda Afsah e Ginan Seidl son berlineses. Afsah estudou arte dos medios en Halle, Berlín e Los Ángeles; gañou varias bolsas de arte como a Karl-Schmidt-Rottluff, a Berliner Senat e o programa BPA. Pola súa banda, Seidl estudou artes plásticas en Halle, Berlín e Cidade de México; gañou varios premios de arte e programas de residencia, como EMARE México ou Beirut Backstory; e é parte do colectivo Rosenpictures.