Presentación do programa do venres 9 de decembro para o Festival Internacional de Curtas de Verín

  • Hoxe terá lugar a quinta xornada do Festival Vía XIV, que comenzou a celebrarse o día 5 de decembro  
  • Os asistentes poderán disfrutar, ao longo da mañá, dun Curso de Iniciación aos Documentais e da proxección de  curtometraxes especiais para nenos  
  • Continúa a video mostra permanente de Carlos Folgoso  
  • Reproduciranse catro bloques de curtas: dous no Auditorio Municipal e dous na Casa da Cultura  

rp_3

A xornada comeza ás 10 da mañá coa primeira parte do Curso de Iniciación aos Documentais, que terá  lugar hoxe e mañá no Auditorio Municipal de Verín. Impartido polo encargado da dirección técnica do FIC, Francisco Naveira  Rega, os inscritos poderán adquirir coñecementos básicos de narrativa e produción audiovisual. Ademais, haberá unha parte máis  práctica na que se ensinarán coñecementos tecnolóxicos e informativos para aprender a utilizar a cámara de vídeo, así como as  pautas de realización e da fase de post-produción de vídeo.

Tamén terá lugar ás dez da mañá no Auditorio a proxección de curtametraxes para nenos, co obxectivo de facer chegar o cinema e  o espírito do festival aos pequenos do fogar.

O director de “Añadir Contacto”, David Oeo, realizou este corto de tres minutos e medio, rodado durante unha noite con moi pouco  presupusto. Está enmarcado no seu proxecto de fin de carrera e, con el, pretende mostrar a incomunicación imperante no mundo  comunicado de hoxe en día.

Charlie García é o director de “Polo”, unha curtametraxe englobada dentro do traballo de fin de carreira de Comunicación  Audiovisual en Sevilla. A historia céntrase na Guerra Civil e na persecución ós republicanos agochados no bosque.

Continúa a vídeo mostra con imaxes dos refuxiados realizada por Carlos Folgoso.

Ademais, o vindeiro sábado día 10 celebrarase no Auditorio de Verín, ás 10 da noite, a gala de clausura do Festival Internacional de  Curtametraxes de Verín. Será un evento gratuito e aberto. As entradas pódense reservar de forma anticipada no propio Auditorio.

rp_2

AUDITORIO  

No Auditorio Municipal comeza a reprodución ás 20:30 das curtometraxes indicados a continuación, que se atopan englobados  dentro do segundo bloque de Entroido:

  • Criaturitas, dirixida por Ignasi López, é unha curta española sobre dous exércitos que nacen da escuridade e que  rematarán nun feroz enfrontamento.
  • O Moredo, dirixida por David Vázquez, é unha curta española sobre o Entroido Ribeirao.
  • La conmoción del silencio, dirixida por Nancy Molina Díaz de León, é un documental mexicano que versa sobre o  folclore do ruído da cidade de México.
  • Ulises, dirixido por Aitor Gutiérrez, é unha curta española sobre un home solitario.
  • O projeto do meu pai é unha curtometraxe brasileña de debuxos animados.
  • Juegos de risa, dirixida por Marko Simic, é unha curta española que reflexiona sobre as raíces da educación cos  conceptos de risa, xogo e improvisación.

Unha vez rematada a primeira sesión, a partir das 22:15, terá lugar a proxección dos seguintes traballos audiovisuais etiquetados  no segundo bloque de Fronteira:

  • Añadir contactos, de David Oeo, son 3 minutos da historia dunha volta a casa que se complica máis do habitual…
  • El dibujo, dirixida por Antón Atrio González, é unha reflexión sobre a sinceridade da infancia e da consciencia da vida  adulta.
  • Fronteras de energía animal é unha peza de Plácido Romero sobre o papel vital dos animais na produción de enerxía  tanto no pasado como na actualidade.
  • El Rebelde dirixida por Óscar Doviso é a historia de Pâdraig Pearse, poeta, maesro e avogado condenado a morte por  fusilamento.
  • Polo, de Charlie García Villalba, conta a historia dun Guardia Civil que, tras a Guerra Civil, decide perseguir no monte  aos que sobreviviron do bando perdedor.
  • Restart é unha película dirixida e co producida por Olga Osorio.
  • Sin tu latido conta a historia dun taxista que rapta a Luís Eduardo Aute, co obxectivo de que lle cante a sua muller, que  está a piques de morrer.
  • Vostok, dirixida por Miquel Casals, é unha curta que trata do primeiro programa espacial soviético.

CASA DA CULTURA

Na Casa da Cultura, as proxeccións comezan ás 20:00, coa reprodución do primeiro bloque de Fronteira:

  • Wut, dirixida por Sergi Martí, é unha curtometraxe española sobre un rottwailer que pertence a un soldado nazi.
  • El Pozo, dirixida por Héctor Domínguez-Viguera, é unha peza sobre dúas irmás que viven, en tempos de guerra,  agochadas nunha vella casa no bosque.
  • Naara, dirixida por Paul Urkijo Alijo, é unha curta española producida por INGUMA FILMAK y AAMI.
  • Por eso no tengo hermanos, dirixida por Paco Cavero, é unha curta que versa sobre a excursión a un pantano de dous  homes chamados Antonio e Carlos.
  • La prueba, dirixida por Pablo L. de Aramburu, é unha película que trata sobre Marta, unha rapaza que está no periodo de  proba na guarda fronteiriza.
  • O menino do dente de ouro, dirixida e producida por Rodrigo Cesar Cortez, é unha curtometraxe brasileña..

Unha vez finalizada a proxección da primeira serie de cortos, sobre as 22:15, comezará a reprodución das curtas do segundo  bloque de emigración:

  • Salsa, dirixido por Elena Muñoz Cano, é unha curta que xira en torno a como a danza pode mellorar a vida de catro  persoas anónimas.
  • Dent de lleó, dirixido por Jorge Bellver, é un traballo que representa o voo dun dente de león dende o interior de África  ata as nosas costas.
  • Cómplices por accidente, dirixida por Alfredo Panadero, é unha curta na que os protagonistas coinciden nun roubo  porque os dous decidiron executalo a mesma mañá.
  • Alone, dirixida por Arcadi Martín Morales, é unha curta na que se reflicte a dureza do abandono dos anciáns.
  • 56, dirixida por Marco Huertas, é un traballo audiovisual que amosa a inxustiza que sofren moitos nenas para poder ir ao  colexio.
  • Haters, dirixida por Sergio Manuel Sánchez Cano é unha curta que vai máis alá do odio.
  • Cuco, dirixida por Davek Carrizosa, é un traballo audiovisual mexicano no que a protagonista, Ana, decide abandonar a  súa casa intentando escapar do seu pasado.
Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *