logo fic 2022
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Programa 2022
    • Catálogos
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Trofeos
    • Membros do xurado FIC 2022
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
  • Bases 2023
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • ESES
  • GLGL

A Raia 4

a-rapa-das-bestas
a-rapa-das-bestas-2

A rapa das bestas

Jaione Camborda

España-Spain

2017 / 10´

A tradición e o espectáculo lévanos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.

Jaione Camborda

Estuda Dirección de Cine na Escola de Cine de Praga (FAMU) e Dirección de Arte na Escola de Cine de Múnich (HFF). Compaxina o seu traballo como directora con labores de guión, dirección de arte e produción executiva. En 2011 funda a produtora Esnatu Zinema coa que forxa un recoñecido traballo como directora de pezas rodadas con material fílmico.

lemons1
lemons2
lemons3

Lemons

Srinivas Reddy

Portugal

2017 / 15´

O intento dunha nena e a súa amiga por roubar limóns na horta dunha igrexa condúcenos a unha imprevisible conversación íntima entre relixión e liberdade persoal. As súas conversas inspiran a busca por recuperar a súa autonomía persoal dunha institución relixiosa.

Srinivas Reddy Sanikommu

Srinivas Reddy Sanikommu é un director de cine e estudante indio que actualmente está cursando un mestrado en dirección de documental en Docnomads. Este filme constitúe o seu debut cinematográfico, tanto en longa coma en curtametraxe. Posúe un Grado en Comunicación pola SRM University, na India.

europa-01_main
europa-02
europa-03

Europa

Hugo Amoedo

España-Spain

2017 / 30´

Lembro que Europa máis eu non estabamos pasando polo mellor momento.

Hugo Amoedo

Naceu en Galicia en 1987. Viviu en Madrid cinco anos, seis meses en Amsterdam, un en Barcelona e vive en Bruxelas desde hai máis dun lustro. Desde entón desenvolve unha Triloxía Belga, da que forman parte Camping Wesertal (2013), Europa (2017) e o seu novo proxecto Young Professionals. Polas noites traballa co científico arxentino Francisco Moser no seu laboratorio audiovisual Hugo Moser.

NYO-VWETA-NAFTA-POSTER
NYO-VWETA-NAFTA1

NYO VWETA NAFTA

Ico Costa

Portugal, Mozambique

2017 / 22´

Nyo Vweta Nafta naceu do desexo do director de volver a Inhambane, unha cidade mozambiqueña onde vivira en 2010.Tiña dúas ideas na mente: buscar a Nafta, unha querida amiga á que lle perdera a pista, e rodar unha curta. Recibiu apoio por parte de Portugal, Mozambique e Arxentina, e decidiu viaxar alí pola súa conta. Carecía de guión, historia ou sinopse. O seu desexo era rodar improvisando sobre a marcha, coa seguridade de que sairía algo de toda a súa enerxía.

Ico Costa

Ico Costa naceu en Lisboa en 1993. Estudou na Escola Nacional Portuguesa de Cine (ESTC) en Lisboa e na Universidade de Cine (FUC) en Buenos Aires. En 2011 foi admitido en Le Fresnoy - Studio national des arts contemporains en Francia, onde se graduou con honores. Dirixiu  Libhaketi (2012), Quatro Horas Descalço (2012), Corrente (2013) e Antero (2014). O seu traballo foi exhibido en diferentes festivais tales como Critics’ Week of Cannes IFF, Locarno IFF, Rome IFF, IndieLisboa IFF, Bradford IFF, Durban IFF, Curtas de Vila do Conde ISFF, entre outros.

FAJR-1
FAJR-2
FAJR-3

FAJR

Lois Patiño

España-Spain

2016 / 13´

No deserto de Marrocos, a noite dilúe as formas e o silencio deslízase pola area. O amañecer comeza entón a debuxar siluetas de dunas, mentres figuras inmóbiles puntúan a paisaxe. Desde a abstracción noctura, a luz vai pouco a pouco devolvendo ao espazo a súa dimensión e ao corpo o seu volume. A quietude concentra así a mirada e a duración densifícaa. Soa o adhan –a chamada á oración- e a inmobilidade, que condensaba, comeza a irradiar: e agora son os corpos os que se dilúen no deserto.

Lois Patiño

Os seus videos e videoinstalacións  puidéronse ver en centros de arte e festivais internacionais como Locarno, Toronto, Rotterdam, San Francisco, Ann Arbour, Viennale, Cinema du rèel, etc Realizáronse focos específicos sobre o seu traballo en lugares como o NYFF, BAFIC ou Flaherty Seminar. E ten sido convidado a amosar os seus traballos en universidades como Harvard -Sensory Ethnography Lab- ou CalArt. Co seu traballo Montaña na sombra gañou premios en Oberhausen, Clermont-Ferrand, Bucharest EIFF, FIDOCS... E en 2013, no Festival de Locarno, recibiu o Premio ao Mello Director Emerxente por Costa da Morte.