
Tres mozos de Verín, José Antonio Quintas Fírvida, Nacho Sola Veiga e Andrés Gonzalo Álvarez presentarán, no marco do FIC Vía XIV 2020, o documental Caminos de Tierra, unha obra de que detalla a viaxe que realizaron dende Ourense ata Galitzia (en Polonia) no ano 2019 e durante 40 días.
Fixérono subidos a unha caravana vintage e autosostible pasando por un total de 11 países.
O documental recolle, ademais, unha mensaxe ecoloxista e de chamada de atención para a protección do medio natural.