LOGO FIC VIA XIV_N
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O FIC como faro de pensamento crítico
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2023
      • 2022
      • 2021
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Membros Xurado 2023
    • Contacto
    • Patrocinadores
    • Equipo directivo
    • Equipo de traballo
    • Laureles
  • Curtas 2023
    • A RAIA
      • A RAIA 1
      • A RAIA 2
    • HORIZONTES
      • HORIZONTES 1
      • HORIZONTES 2
      • HORIZONTES 3
    • NOVA
      • NOVA 1
      • NOVA 2
    • INFANTIL
      • INFANTIL 1
  • Programación 2023
  • Actividades 2023
    • Un viaje hacia nosotros: Documental con Pepe Viyuela
    • Encerrona
    • Concurso de escaparatismo
    • Un rural cheo de audiovisual
    • Curtas-Festival do Imaxinario Vilagarcía de Arousa
      • Curtas Festival Convidado 
    • Interpretación ante a cámara
    • Caspervek: curtametraxes musicalizadas
    • Obradoiro sobre Intelixencia Artificial (IA)
    • Actividade Infantil
    • Mesa Proxecta
    • Relatorio: Cineclubes en Verín
    • Concertos
    • Foco local
    • O Podcast do FIC
    • HOP & ROLL – Cata de cervexas premium e actuación do DJ Gustavo Rey
    • Pincho cine
    • Degustación de viños: Túnel do Viño da D.O. Monterrei
    • Concurso de pintura
    • Proxección da curta Enferma
    • Sesión vermú
    • Gala final
  • Bases 2023
    • Bases Escaparatismo 2023
    • Bases concurso de pintura
  • Novas
  • Galería
    • Galería 2023
    • Galería 2022
    • Galería 2021
    • Galería 2020
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • ESES
  • GLGL

Un concurso de pintura para artistas gráficos maiores de 16 anos, unha das actividades paralelas máis novidosas desta edición do Festival de Curtas de Verín

10 Agosto, 2023

  • Os participantes poderán ser profesionais ou amateurs e deberán pintar durante catro horas unha escena ben recoñecida dun filme que escollan previamente
  • Establecerase un premio profesional outorgado por un xurado de expertos e un segundo premio do público

 

A Asociación Cultural Vía XIV, responsable da organización do Festival de Curtas de Verín, pon en marcha por primeira vez este ano na axenda de actividades paralelas que se configura arredor do certame un novidoso concurso de pintura orientado a artistas gráficos. En colaboración con Artes Van Gogh e Boticas Hotel Art & SPA, a iniciativa levará como nome Pinturas de cine e convidará a artistas da comarca a plasmar sobre un lenzo a representación dunha escena da historia da cinematografía, que previamente deberán escoller de xeito individual e comunicar á organización do concurso.

Os artistas gráficos que participen na iniciativa disporán dun máximo de catro horas para realizar a súa proposta e para facela contarán coas ferramentas e co material de traballo específico que lles achegue a organización. As obras realizadas vanse expoñer no hall do Auditorio de Verín ata o venres 15 de setembro e outorgaranse dous premios, que serán fallados antes dese día, un de carácter profesional proposto por un xurado de expertos e un segundo a cargo do público, a través dunha votación popular.

“Con esta actividade, pretendemos achegar o cinema a novos públicos e atraer visitantes ata o Auditorio para desfrutar das obras que realicen os artistas que se inscriban na iniciativa”, sinala Carlos Montero, director do festival. “Ademais, todos os participantes en Pinturas de cine contarán con acceso libre ás pases de exhibición das curtametraxes enmarcadas nas diferentes categorías do certame”, engade.

Espazo de traballo

O concurso vaise celebrar o domingo, 10 de setembro, na zona exterior do Auditorio da vila do Támega e cada participante traballará nun lugar concreto que lle asigne a organización do certame. Aqueles que se inscriban para tomar parte no concurso non poderán reubicarse fóra do espazo asignado, salvo que as condicións meteorolóxicas así o esixan.

Os artistas gráficos que queiran participar na iniciativa, profesionais ou amateurs, deberán ser maiores de 16 anos e formalizar a súa inscrición antes do 6 de setembro, a través do formulario habilitado ao efecto na páxina oficial do certame. O concurso está aberto a un máximo de 15 participantes, que serán seleccionados por estrita orde de inscrición, seguindo as indicacións das bases da iniciativa que poden consultarse na web do festival (ficviaxiv.com).

O gañador ou gañadora que estableza o xurado profesional deste primeiro concurso de pintura do FIC será agasallado cunha estadía de dúas noites para dúas persoas nunha das entidades colaboradoras da iniciativa, o Boticas Hotel Art & SPA.. Quen gañe o premio profesional recibirá un lote de merchandising do FIC e un pack de produtos da D.O. Monterrei.

O material para participar neste concurso será facilitado pola organización e constará dos seguintes elementos:

  • Cabalete
  • Bastidor con lenzo entre 24 x 30 y 30 x 40
  • Pinturas acrílicas: Branco, negro, cyan maxenta e amarelo
  • Pincel fino e groso
  • Lapis para boceto
  • Paleta mestura
Enlace as bases

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *