XURADO NOVO

 

Bases do proceso de selección do Xurado Novo para a 9º edición do FIC Vía XIV de Verín.

  • Esta convocatoria responde ao proceso de selección do Xurado Novo para a 9º edición do FIC Vía XIV de Verín, certame que se celebrará entre os días 28 de agosto e 7 de setembro de 2024.
  • O xurado novo, creado por primeira vez nesta 9º edición, estará conformado por cinco persoas cuxo veredicto resolverá o “Premio Xurado Novo do FIC Vía XIV”. O premio suporá un lote de produtos de artesanía e gastronomía local e un galardón.
  • Participantes: Poderá participar calquera persoa menor de 30 anos que non se adique de xeito profesional ao sector audiovisual.

O comité de selección estará conformado polo propio persoal do FIC Vía XIV e a Asociación Cultural Vía XIV. Non será requisito fundamental, pero si se valorará positivamente, que os aspirantes cursen actualmente algunha formación relacionada co audiovisual ou as artes ou que colaboren noutros proxectos culturais ou artísticos. O comité seleccionador terá en conta criterios de igualdade e diversidade á hora da selección.

  • Presentación de solicitudes e documentación:  As solicitudes faranse a través do formulario habilitado na páxina web www.ficviaxiv.com . Será necesario adxuntar unha copia do CV abreviado. O prazo de solicitude rematará o 21 de xullo.

As persoas seleccionadas deberán enviar, unha vez sexan notificadas, imaxes de perfil e fotocopia do DNI.

  • Selección e comunicación:

A organización do festival seleccionará cinco personas candidatas. O equipo de produción do festival poñerase en contacto coas persoas seleccionadas. Unha vez confirmada a súa participación no certame, procederase a facer pública a selección na web oficial do festival.

  • Condicións:
    • Ser membro do Xurado Novo implicará dispoñibilidade presencial durante os días que dura o certame
    • Os membros do Xurado Novo comprométense a visionar todas as curtametraxes a concurso nas proxeccións destinadas para tal fin coa finalidade de emitir un veredicto suficientemente motivado na xornada de deliberación.
    • A cada membro do Xurado Novo entregaráselle unha acreditación de equipo, un pase ilimitado para as proxeccións oficiais e actividades audiovisuais paralelas e acceso aos cáterings oficiais.
    • Todas aquelas persoas que se inscriban, independentemente de resultar seleccionadas ou non para formar parte do xurado, gozarán tamén de pases de balde para asistir ás proxeccións oficiais durante o festival.

ORGANIZA:

ALTO PATROCINIO:

CONTACTO

ESCRÍBENOS! RESPONDERÉMOSCHE
AXIÑA POR CORREO

Contacta

LAURELES