2 de decembro / 19:00 / Casa da Cultura
Lobos
Camila Carballo
Cuba
2016 / 12´
Gerardo e Miguel, veciños dun edificio, irrompen pola forza no apartamento colindante pertencente a un ancián que acaba de morrer. Eles teñen como obxectivo ampliar os seus respectivos domicilios. Disputaranse o espazo encarnizadamente. O desenlace final amosaralles que o home é o lobo para o home. Esta curtametraxe estréase a nivel mundial no FIC Vía XIV de Verín.
Camila Carballo
Camila Carballo é graduada pola Escola Nacional de Arte de Cuba en 2008 na especialidade de actuación. Traballou en máis de 20 curtas independentes como actriz e en varias longametraxes. Estuda actualmente dirección de cinema en FAMCA. Dirixiu curtas independentes que participaron en festivaisi nacionais e internacionais como Afogada, Estoute vendo, Traslado, A Función, Como é a túa casa, Amor a mordidas e Sinerxia, codirixidos con Jesús D. Acosta.
La mujer invisible
Noemí Chantada
España-Spain
2017 / 15´
Vive nun pequeno piso na cidade de Vigo e o seu discorrer non sería diferente ao de calqeura moza da súa idade de non ser pola tristura que enmarca o seu rostro. Ao chegar a tarde muda de pel: cambia de roupa, cambia de nome e cambia.
E así pode encarar unha noite máis.
Só unha noite máis.
Só un mes máis.
Só un ano máis.
Noemí Chantada
Noemí Chantada (Vigo, 1982) é titulada en Imaxe pola EISV e leva traballando como directora de foto e cámara dende hai 13 anos. O pasado ano funda a produtora Islandia para poder desenvolver outro tipo de proxectos, que arrincan con esta curta documental, a súa ópera prima.
O boteiro
España-Spain
2017 / 7´
Xa rematou o entroido pero o boteiro quedou atrapado no seu traxe. Busca axuda nun psicólogo, a quen lle contará o que ninguén pode ver realmente embaixo da súa máscara. Porque ás veces non son os monstros os que dan medo.
Proxecto colectivo
O Boteiro é o resultado do Obradoiro Cinemart realizado por profesionais do audiovisual no Concello de Viana do Bolo. Nel aprenderon os distintos procesos de creación dunha curtametraxe, experimentando coa premisa de contar unha historia con imaxes en movemento. O Boteiro estrease no Festival de Verín.