1. Premio Xurado Oficial
CATEGORÍA NOVA
JUDGEMENT
Raymund Ribay Gutiérrez
Filipinas
2018 | 15'
Joy, nai dunha nena de catro anos, finalmente decide presentar unha denuncia de violencia doméstica contra o seu marido abusador, Dante.
Raymund Ribay Gutiérrez
Raymund Ribay Gutiérrez é director e guionista filipino, graduado en Artes Multimedia. En 2018, a súa segunda curtametraxe, Judgement, foi nomeada á Mellor Curtametraxe do Festival de Cannes, converténdose no primeiro director filipino en competir pola Palme de Ouro dúas veces na categoría de curtametraxes.
OUTRA MIRADA
OUR SONG TO WAR
Juanita Onzaga
Bélxica/Colombia
2018 | 14' 09''
Homes cocodrilos, un río místico, nenos aos que lles gosta a pesca e que teñen algo en común cando remata a guerra. En Bojaya, Colombia, os aldeáns teñen crenzas estrañas e celebran un ritual da norte, o “Novenario”. Este podería ser o comezo dunha historia moi longa, onde espíritos e humanos se atopan para aprender que hai vida despois da fin da guerra.
Juanita Onzaga
Juanita Onzaga é licenciada en Dirección de Fotografía en DIA e Máster en Dirección de Cine en Sint-Lukas, Bruxelas. Como directora xoga con forma híbridas entre a ficción, o documental e o experimental. Dentro das súas narracións toca a importancia da memoria, a morte e a imaxinación, creando contos que reflicten diferentes formas de percibir a realidade interior.
HORIZONTES
BACHA POSH
Yalda Afsah/Ginan Seidl
Alemania
2017 | 30'
“Bacha Posh” é unha tradición cultural en lugares de Afganistán e Paquistán, na que familias sen fillos varóns elixen unha filla para vivir e comportarse coma un fillo, cumprindo as funcións que a súa cultura lle asigna aos varóns. A través de dúas pantallas veremos representado o espazo exterior e interior da nena que ten que vivir coma un neno, a vida pública e a vida privada.
Yalda Afsah/Ginan Seidl
Yalda Afsah e Ginan Seidl son berlineses. Afsah estudou arte dos medios en Halle, Berlín e Los Ángeles; gañou varias bolsas de arte como a Karl-Schmidt-Rottluff, a Berliner Senat e o programa BPA. Pola súa banda, Seidl estudou artes plásticas en Halle, Berlín e Cidade de México; gañou varios premios de arte e programas de residencia, como EMARE México ou Beirut Backstory; e é parte do colectivo Rosenpictures.
A RAIA
PELE DE LUZ
André Guiomar
Portugal
2018 | 19'
Anifa sobrevive a un secuestro. Isa medra envolta no medo. No corazón de Maputo, Mozambique, as dúas irmás enfróntanse xuntas a un lugar onde a crenza na maxia negra persegue as albinas.
André Guiomar
André Guiomar es portugués y vive entre Mozambique y Portugal. Es director de cuatro cortometrajes, tres de ellos documentales y una ficción. Está en este momento en producción de sus primeros largometrajes, dos documentales. Es también director de fotografía y editor y ha trabajado ya en varias producciones cinematográficas de otros realizadores.
MENCIÓN ESPECIAL
FAUVE
Jeremy Comte
Canadá
2018 | 16' 24''
Emprazados nunha mina de superficie, dous nenos afúndense nun xogo de poder aparentemente inocente, coa Nai Natureza como única observadora.
Jeremy Comte
Jeremy Comte dirixiu a súa primeira curta documental Feel The Hill aos 18 anos e realizou unha xira mundial co Festival de Cine de Banff Mountain. Graduado na Universidade de Concordia en Produción de Cine, Comte é espertado pola narrativa psicolóxica, en bruto, atopando conexións significativas a través de imaxes poéticas. A súa última curta de ficción Fauve gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Sundance 2018.
2. PREMIO DO PÚBLICO
La poesía solo muere cuando termina
Adelaida Lamas
España
2017 | 14'
Beatriz está deprimida pero non o sabe. Como cada fin de semana, está de festa coa súa amiga Laura, pero hoxe pásalle algo, una estraña revelación faille crer que algo mudou.
Adelaida Lamas
Adelaida Lamas (Verín, 1980) é unha directora galega que vive en Barcelona. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Mestrado en Comunicación Audiovisual e Interactiva pola Universidade de Barcelona e Mestrado en Dirección Cinematográfica pola Escola Superior de Cine de Cataluña. Actualmente está a traballar no guión da súa primeira longametraxe mentres prepara a promoción da súa primeira curta en festivais de cine.
3. PREMIO DO XURADO CAMIRA
VESLEMØY’S SONG
Sofia Bohdanowicz
Canadá
2018 | 9'
Audrey adéntrase nos arquivos de Biblioteca Pública de Nova York na busca dunha gravación rara producida en 1909 e titulada Veslemøy’s Song.
Sofia Bohdanowicz
Sofia Bohdanowicz é unha cineasta baseada en Toronto. Gañou o premio ao Director Canadiense Emerxente no Festival Internacional de Cine de Vancouver en 2016 pola súa primeira longametraxe, Never Eat Alone. Bohdanowicz é gañadora do Premio Jay Scott 2017 da Toronto Film Association. É exalumna da Berlinale Talents a actualmente atópase na postprodución da súa terceira longa, MS Slavic 7,con Deragh Campbell.
MENCIÓN ESPECIAL
A RIVER THROUGH THE MOUNTAINS/RIO ENTRE AS MONTANHAS
José Magro
Portugal
2018 | 9' 50''
Ao igual que unha persoa nova que comeza a amar, un río ten que atopar o seu camiño a través das montañas.
José Magro
José Magro traballou como director de fotografía, produtor, guionista e segundo asistente de dirección. Como director gañou dous premios á mellor película conCombustion of Pigs e The Journey, as súas primeiras curtas de ficción.