
A VIII edición de VIA XIV - Festival Internacional de Curtametraxes de Verín abre o prazo de inscrición de voluntarios para colaborar con este certame, que terá lugar do 8 ó 17 de Setembro en Verín. Os seleccionados recibirán un certificado que acredite a súa participación no FIC VERÍN.
Os interesados en formar parte da preprodución e do desenvolvemento do Festival como voluntarios teñen que ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante o cuestionario que tes a continuación.
Ser voluntario/a permíteche formar parte do equipo do Festival, participar de forma altruísta nas tarefas propias da posta en marcha e o desenvolvemento da actividades e, ao mesmo tempo, aprender e compartir con outras persoas a paixón pola sétima arte e o compromiso social. Necesítanse persoas para tarefas de Prensa e Comunicación, Redes Sociais, Coordinación de Invitados, Xestión e organización de material, Produción e Realización.
Para ser partícipe e colaborar nesta edición do Festival de Curtametraxes non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar forma altruísta neste certame cinematográfico.