FIC Vía XIV Logo
  • Inicio
  • FIC Vía XIV
    • O festival
    • Categorías
    • Catálogos
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Palmarés
      • 2020
      • 2019
      • 2018
      • 2017
      • 2016
    • Cobertura mediática
      • Informe de cobertura 2019
      • Informe de cobertura 2018
      • Hitos FIC 2018
      • Hitos FIC 2019
    • Trofeos
      • Premio Especial do Público
      • Outros galardóns
    • Contacto
    • Equipo directivo
    • Laureles
    • Equipo de traballo
    • Agradecementos
    • Patrocinadores e colaboradores
  • Bases
  • Inscrición
  • Galería
    • Galería 2019
    • Galería 2018
    • Galería 2017
    • Galería 2016
    • FIC Vía XIV Youtube
  • Voluntarios
  • Novas
  • GLGL
  • ESES

Palmarés 2016

CORTOS PREMIADOS

 

Ulises, curta española dirixida por Aitor Gutiérrez e producida por Jon Díez Domínguez, obtén triple vitoria: é premiada con Mellor Director, Mellor Guión e Mellor Actor. O protagonista do filme, Ulises, é un home solitario cun plan moi especial. Pasa un día e unha noite nun hotel. E nese breve espacio temporal é capaz de conseguir ser seis persoas distintas.

Dent de lleó, curta española dirixida e producida por Jorge Bellver, resultou gañadora do premio a Mellor Curta no bloque de Emigración. Este traballo recolle a voo dun dente de león que simboliza a emigración africana a Europa. O dente comeza a súa viaxe cando unha nena decide que acompañe ao seu pai, o cal marchaba a outro lugar na procura de ingresos para a familia.

Restart, curta española dirixida por Olga Osorio e producida por Juan Galiñales, saiu vitoriosa cun premio á Mellor Actriz para María Larralde. Ela interpreta a unha muller que é vítima dos experimentos dunha empresa que investiga a execución de viaxes no tempo. É a historia dun bucle temporal que non deixará a ninguén indiferente.

O Moredo, dirixido por David Vázquez é un documental sobre o Entroido Ribeirao. Unha peza da gran valor histórico que recolle o testimonio de varias xeracións sobre esta singular celebración, que agora xa só se mantén na aldea de O Moredo. Un achegamento a un Entroido diferente para poñer en valor, da man dos que máis o coñecen, o seu carácter único.

17 años juntos é a historia dunha familia de emigrantes que traballan como empregados de fogar nunha casa española para tentar que o seu fillo poida vir de Sudamérica e vivir con eles. Javier Fresser, gañador de 13 Goyas, dirixe esta conmovedora historia sobre o valor da familia e os regalos inesperados.

Organiza

Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Correo electrónico: info@ficviaxiv.com

Teléfono: 638 077 282

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies