PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA NOVA (PATROCINADA POR FUNDACIÓN DENTALNOVA)
THE LAST DAY OF PATRIARCHY
Olmo Omerzu
República Checa-Eslovenia-Francia
2021
16’
Esta noite probablemente será a derradeira de Ivo e el sabeo. O neto de Ivo chega ao hospital coa súa noiva embarazada. Cando lle presentan ao ancián Ivo, este pregúntalle se pode ver os seus peitos. No corredor, o seu desexo convértese nun asunto público.
Olmo Omerzu
Nado en Ljubljana (antes Iugoslavia, agora Eslovenia) en 1984. Tras graduarse na Florida A&M University, triunfou coas súas dúas primeiras películas, estreadas respectivamente nos festivais de Berlín e San Sebastián. A súa terceira película, Winter Flies (2018) acadou seis premios Czech Lion (equivalente checo aos Goya). Con The Last Day of Patriarchy, Omerzu emprega a curtametraxe para plantexarlle á audiencia un dilema moral.
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO NA CATEGORÍA NOVA (PATROCINADA POR FUNDACIÓN DENTALNOVA)
CABALLO DE ESPUMA
Juanjo Rueda
España
2022
20’
Lembro que de neno pensaba que dende este lugar podía velo todo.
Juanjo Rueda
Cineasta malagueño, actualmente investiga prácticas documentais en primeira persoa. Forma parte do colectivo de documentalistas DOCMA e é membro da xunta directiva de CINA, Cineastas de Andalucía. A súa curtametraxe Litoral tivo a súa estrea internacional no FICG de Gualadaxara, México e formou parte de Seleccións Oficiais tan importantes coma Seminci, Bogoshorts ou Huesca. Recibiu a Biznaga de Prata no Festival de Málaga e o Premio Rosario Valpuesta no Festival de Sevilla.
PREMIO Á MELLOR CORTOMETRAXE NA CATEGORÍA HORIZONTES
VOL DE NUIT
Kenan Görgün
2018
26’
Kemal é un mozo belga de orixe turca de 20 anos. Un día descobre que o seu pai leva anos enviando cartos a Turquía a unha muller e ao fillo dela.
Kenan Görgün
Nado en Gante, Bélxica, en 1977, fillo de pais turcos. Escritor antes que director, é autor de Rebellion Park(Premio SCAM de Literatura 2015) e de Delia on my Mind (Premio Marcel Thiry). Iniciouse na produción cinematográfica escribindo varios guións para unha decea de películas e dirixindo a súa primeira curtametraxe: Yadel (2010). Ademais de Vol de nuit, está realizando a adaptación da súa novela Anatolia Rhapsody.
PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA A RAIA (PATROCINADA POLA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN)
O TEU NOME É
Paulo Patrício
Portugal
2021
Unha ollada ao caso do asasinato de Gisberta Salce Jr., unha transexual seropositiva, sen fogar e drogadicta que foi brutalmente torturada varios día seguidos por un grupo de 14 adolescentes no Porto, Portugal, en 2006. Explora o inquietante relato de dous dos adolescentes condenados, agora xoves adultos, e as lembranzas das amigas transexuais de Gisberta, confrontando diferentes perspectivas e dimensións da condición humana.
Paulo Patrício
Nado en Angola e residente no Porto, Portugal. Con debilidade pola narración de historias, traballa en diferente medios e formatos, trocando con facilidade dende o deseño ata a escrita, o debuxo, a dirección de películas e as actuacións en vivo. A temática social está especialmente presente na súa obra fílmica dende a súa primeira curta, Douro (2012)
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
ROMPENTE
Eloy Domínguez Serén
España
2021
26’
Santi é un pai adolescente que vive nun pequeno pobo costeiro. Polo día traballa nas bateas e polas noites marisquea furtivamente. Mentres a súa moza Lucía asume a soidade do coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.
Eloy Domínguez Serén
Simes, Galicia, 1985. Tras estudar en Salamanca e Milán, graduouse en Barcelona en 2010. Antes do seu debut coma cineasta, foi crítico de cinema en prensa e radio. Comezou a súa carreira realizando varias curtametraxes en Suecia, a onde se trasladou en 2011. En 2018 estreou Hamada, a súa primeira longametraxe. Con Rompente gañou a Biznaga de Prata no Festival de Málaga 2022 na categoría de curtas.