Encarnación
Chloé Bourgès
Francia
2017 | 24’
Jack regresou ao apartamento familiar en Encarnación, un pequeno pobo en Paraguai, tras a morte da súa avoa. Deambula polas rúas da súa infancia, marcada polo paso do tempo, lembrando as súas historias. Na compaña da súa nai e da súa tía, Jack intenta chorar pero non pode. Cae no sopor, regresa a un mundo orixinal, onde a natureza omnipresente reanima a alma da súa avoa.
Chloé Bourgès
Chloé Bourgès é unha directora parisina que estudou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París-Cergy, onde comenzou a realizar os seus primeiros proxectos cinematográficos. Despois de completar varias curtas, en 2014 dirixiu Cerimonia, que se rodou en Andalucía, e, posteriormente, fixo Encarnación, en 2016.
La Chanson
Tiphaine Raffier
Francia
2018 | 31´
Nunha cidade estraña, Pauline, áarbara e Jessica son amigas da infancia. Xuntas soñan con gañar un concurso de imitación. Cando Pauline decide abandonar á súas amigas para escribir unha canción, altera o equilibrio do grupo.
Tiphaine Raffier
Tiphaine Raffier é actriz, autora e directora. Escribe e pon en escea a súa primeria peza, La chanson, en 2012. Xoga en múltiples producións e participa na creación orixinal da compañía “Se poideras lamer o meu corazón”. En 2016-2017 crea a súa compañía “A muller cortada en dúas”, coa que adapta, dirixe e interpreta a curta La chanson. Raffier é artista asociada ao Théâtre do Nord e o Théâtre de La Criée.
Cinco minutos afuera
Constanza Gatti
Arxentina
2018 | 10' 20''
Irene e Juan fuxen dunha reunión de amigos para falar do estado da súa relación. Non importa canto o tenten, nada volverá ser o que foi.
Constanza Gatti
Constanza Gatti estudia dirección cinematográfica na Universidade do Cine, en Arxentina. Previamente estudou filosofía na UBA e dirección de arte no SICA. Traballou como directora de arte e produtora en varias películas, spots, curtas e series. Iniciou a súa carreira de dirección realizando videoclips musicais. A súa primeira curtametraxe, Cinco minutos afuera, foi seleccionada para participar na Cinèfondation do 71º Festival de Cannes.
Violeta + Guillermo
Óscar Vincentelli
España/Venezuela
2018 | 5' 55''
Dende o futuro, Violeta e Guillermo lembran unha noite de 2018 na que bailaron ata o amencer.
Óscar Vincentelli
Óscar Vincentelli naceu en Puerto Ordaz, Venezuela, en 1989. Diplomado en Documental pola ECAM de Madrid en 2016 e Mestrado en Profesións Artísticas da Escola Sur en 2017, gañou o primeiro premio do Festival de Cine de Las Hurdes de 2016 coa película O Tremor. En febrero de 2018 inaugurou a videoinstalación “El Gran Río”, no CBA de Madrid.
El tercer paisaje
Mar González Ruiz de Larramendi/Mariana Paschoal/Joan Porcel/Daniela Rojas Ovalle/ Vinicius Sassine
España
2018 | 21''
Unha reserva natural silenciada por avión e dúas voces extraviadas que nos internan no misterio de Pilar Moragas, a través de campings desertos, piscinas baleiras e unha casa modernista esquecida na fraga.
Dirección múltiple
Mar González Ruiz de Larramendi, Mariana Paschoal, Joan Porcel, Daniela Rojas Ovalle e Vinicius Sassine realizaron esta curtametraxe como parte de seu plan de estudos dentro do Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo (Universitat Autónoma de Barcelona-UAB), no que coincidiron como alumnos.