Bases sorteo AEVER
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever Verín, doou á organización do FIC Vía XIV unha serie de obsequios, procedentes de diversos comercios adheridos para seren sorteados entre o público asistente ás diversas proxeccións de curtas.
Os interesados en participar neste sorteo unicamente deberán cubrir o seu número de teléfono móbil no espazo destinado a tal efecto na entrada ou no bono que merquen para asistir ás proxeccións. A continuación, depositarán esta entrada ou bono nunha urna instalada no hall do Auditorio de Verín.
Realizarase un sorteo no Auditorio de Verín con anterioridade á proxección dos filmes gañadores, o domingo 9 de decembro ás 18,30 horas. Unha man inocente, de entre o público asistente, encargarase de extraer seis boletos da urna.
Outorgaranse un total de seis packs de premios (compostos por cinco obsequios cada un). As persoas que resulten premiadas recibirán notificación telefónica do asunto e poderán pasar recoller os seus premios polo Auditorio de Verín.