- Jorge Godás, deseñador e creativo na TVG, é o responsable do deseño do cartel e da imaxe corporativa, e é membro do equipo directivo do festival.
O festival internacional de curtametraxes Vía XIV de Verín, que abrirá as súas portas o próximo 5 de decembro, contará cunha achega de luxo nesta primeira edición. O verinés Jorge Godás, deseñador e creativo na TVG, foi o responsable de deseñar tanto o cartel coma a identidade corporativa do festival.
Á presentación acudiron Emilia Somoza, concelleira de cultura e coordinadora xeral do evento; Carlos Montero, director do festival e responsable municipal de comunicación e Jorge Godás, responsable da área de medios dixitais e publicidade.
Un ‘guiño’ a Luís Buñuel no cartel
Jorge Godás, deseñador e creativo na TVG, é o responsable do deseño do cartel e da imaxe corporativa e membro do equipo directivo. O creador provén xa dunha longa tradición de fotógrafos: “Son a cuarta xeración dá familia. Ou meu bisavó do Carballiño xa empezou co negocio nos orixes dá fotografía”, indica. O autor explica que para o deseño inspirouse “nunha imaxe que perdura non imaxinario universal como é a do ollo cortado dá curtametraxe El perro andaluz de Luís Buñuel”. Este peculiar ‘guiño’ fíxose público hoxe na presentación oficial.
Deixa unha resposta