ESTÁ AMANECIENDO
Guillermo Benet
España
2021
29’
Violeta e Nacho, dous amigos que foron a un festival de cine, voltan a casa tras unha noite de festa. Mentres beben e escoitan música, falan sobre o pasado, o presente e o futuro. Un deles tomou unha decisión importante que vai cambar a súa vida.
Guillermo Benet
Madrid, 1984. Graduado na Universidade Complutense en Comunicación e diplomado na ECAM na especialidade de guión. En 2013 fundou a produtora Vermut xunto a Rafa Alberola. Dirixiu curtas como Kisses(2013) ou Les vimos reir y creímos que era de felicidad (2016). A súa primeira longametraxe, Los inocentes(2020), obtivo unha mención especial do xurado no Festival de Cine Europeo de Sevilla.
SHARK
Nash Edgerton
Australia
2021
14’
Tras os resultados desastrosos das súas relacións anteriores, Jack parece namorado da moza adecuada, Sofie, ata o punto de pedirlle matrimonio. Pronto casan e van a unha romántica lúa de mel nun resort de praia. Podería ser Sofie a que o poña no camiño correcto? Jack está convencido de que os seus días de bromas remataron. É dicir, ata que ve una aleta de tiburón falsa nun barco durante un tour de mergullo...
Nash Edgerton
Actor, director e guionista nacido en Australia en 1973. Ten unha longa carreira coma director de videoclips, curtas e longametraxes. Entre a súas obras destacan The Square (2008) e Gringo (2018), así como varios episodios da serie de televisión Mr. Inbetween (2018-2021)
CABALLO DE ESPUMA
Juanjo Rueda
España
2022
20’
Lembro que de neno pensaba que dende este lugar podía velo todo.
Juanjo Rueda
Cineasta malagueño, actualmente investiga prácticas documentais en primeira persoa. Forma parte do colectivo de documentalistas DOCMA e é membro da xunta directiva de CINA, Cineastas de Andalucía. A súa curtametraxe Litoral tivo a súa estrea internacional no FICG de Gualadaxara, México e formou parte de Seleccións Oficiais tan importantes coma Seminci, Bogoshorts ou Huesca. Recibiu a Biznaga de Prata no Festival de Málaga e o Premio Rosario Valpuesta no Festival de Sevilla.
SOUVENIR D´UNE APRÉS-MIDI D´ETÉ
Benoît Bouthors
Francia
2021
20’
É verán en Córcega, fai calor e os días fanse longos. Para pasar a tarde, Marie, Lucas e Ghujvanni pasan o rato xunto ao río. Danse conta de que un turista dorme non moi lonxe deles e comezan a pensar en roubarlle a carteira.
Benoît Bouthors
Tras estudar cine en París e Córcega, Bouthors agudizou a súa mirada no plató, onde traballou a luz e o encadre. Fiel ao seu afán pola ficción, pouco a pouco embárcase na dirección. En 2017, na rodaxe da súa terceira curta, Diquà Dai Monti, en-Deçà-des-Monts, (premio á mellor curtametraxe no FIFIB, entre outros) coñece a un grupo de mozos corsos aos que decide seguir. En 2020, en paralelo á escritura da súa primeira longametraxe inspirada na súa vida en Córcega, rodou con eles Souvenir d’une àpres-midi d’été.