Sábado, 3 de septiembre de 2022
Exterior do Auditorio
22:30h primeira actuación
00:00h segunda actuación
Acceso gratuíto
A velada comezará coa actuación da banda de música pop-rock En Mala Hora (ás 22.30 horas), que farán cantar e bailar aos asistentes coas súas versións libres de temas coñecidos e esquecidos entre os discos de grandes estrelas do Rock and Roll e do Blues, clásicos nacionais e internacionais.
A noite continuará co show do aclamado grupo de rock psicodélico Jesus The Snake (00.00 horas). Nacidos en Vizela, a banda conta cun amplo recoñecemento a nivel nacional e internacional e foron amplamente aclamados pola crítica, grazas ao seu álbum “Black Acid, Pink Rain”.