PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA NOVA
(PATROCINADA POR FUNDACIÓN DENTALNOVA)
ONE MINUTE
Matilde Sköld/Marcus Svanberg
Suecia
2020
10’
Dúas mulleres novas están a se mudar á súa nova casa cando ven a dúas persoas saudándoas dende un apartamento ao outro lado da rúa. Cando se dan conta de que son as súas dobres, que aparentemente existen un minuto adiante no tempo, a situación pasa rapidamente de intrigante a aterradora.
Matilde Sköld/Marcus Svanberg
Sköld comezou como xornalista, cubrindo literatura internacional para o Swedish Journal. Svanberg empezou facendo música para documentais e actualmente é un dos directores comerciais suecos mais prominentes. Xuntos realizaron videos comerciais para marcas como Coke Zero, Ikea ou Jaguar. En 2020 realizaron a súa primeira curta, Killing Small Animals, galardoada en máis de 30 festivais de todo o mundo. One Minute é a súa segunda curta conxunta.
PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA HORIZONTES
11.20 A.M.
Dimitris Nakos
Grecia
2022
14´
Olga, unha traballadora doméstica orixinaria de Albania estará nunha casa na que traballa no centro de Atenas no momento oportuno. Ou na equivocada?
Dimitris Nakos
Reside e traballa en Atenas como director, guionista e produtor. Doutorouse en Cinema e Filosofía pola Universidade Panteion da capital grega e tamén realizou Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade Nacional de Atenas. Actualmente está en preprodución da súa primeira longametraxe, Meat.
PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA A RAIA
RATICIDE
Joao Niza Ribeiro
Portugal
20222
23’
Nunha noite como tantas outras, indistiguible da anterior ou da seguinte, Carlos, que vive nunha misteriosa pensión, vese expulsado do seu cuarto. Ao outro lado da portal, unha rata tomou ao asalto as súas pertenzas, fortificándose no interior. Atrapado no lado de fóra, Carlos vese forzado a lidar cunha realidade progresivamente máis degradada, nun movemento de constante repetición, incapaz de enfrontarse ao que se agocha no outro lado da súa porta.
Joao Niza Ribeiro
Nado en 1987, estudou Cinema na Escola de Artes da Universidade Católica do Porto, onde rematou un Mestrado en Dirección, sobre as Contornas do Absurdo na Linguaxe Cinematográfica. A súa última película, The Damned Manifesto, gañou a competencia escolar no Festival Internacional de Cine de Fantasporto e recibiu o premio Take One! no Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde.
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO DENTRO DA CATEGORÍA A RAIA
ICE MERCHANTS
Joao Gonzalez
Portugal
2022
14’
Todos os días, un pai e o seu fillo saltan en paracaídas dende a súa vertixinosa e fría casa, adosada a un acantilado, para ir a aldea en terra, moi lonxe, onde venden o xeo que producen a diario.
Joao Gonzalez
Nado en 1996, gradouse na ESMAD (Porto) e estudou un mestrado no Royal College of Art (Londres). Nestas institucións realizou dúas curtas, Nestor e The Voyages, que foron acredoras de numerosos premios. Con Ice Merchantsconseguiu ser o primeiro realizador portugués de animación en gañar no Festival de Cannes e obtivo a primeira nominación portuguesa aos Oscar.
PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
EL BUS
Sandra Reina
España
2022
30’
Un autobús recolle a uns pasaxeiros o venres pola mañá para percorrer a ruta que os achega á fin de semana, cos seus plans, as súas reflexións e os seus medos. O mesmo autobús recolleraos o domingo pola tarde para devolvelos á súa lugar de orixe.
Sandra Reina
Nada en 1988, licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Comezou a súa carreira como axudante de produción e máis tarde traballou como axudante de dirección. En 2019 debutou na dirección coa curta Trivial, protagonizada por Macarena Gómez, que logrou máis de 30 seleccións e 11 premios. A súa última curta, El Bus, xa foi premiada como mellor proxecto en AccióCurts por Dones Visuals.
PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NA CATEGORÍA INFANTIL
PAPIROLA
Fabián Molinaro
España
2022
7’
Unha agradable mañá de outono, Nico, un enérxico neno de oito anos que ten a capacidade de dobrar todos os obxectos como se foran papel, recolle alegremente todos os obectos que lle gustan da súa casa para preparar unha importante viaxe. Esa colección de pregos conforma un novo amigo con personalidade propia ao que vai nutrindo con máis e máis papeis mentres xogan. Ao reunirse coa súa nai, esta preséntalle un gran problema: só hai dous billetes de ida, un para ela e outro para el.
Fabián Molinaro
Animador e ilustrador nado en Montevideo, Uruguai, en 1994. Participou como animador no spot publicitario do Concello de Aldaia, Gent jove, na curtametraxe La música del ascensor de Adrián Doménech, no videoclip Too far goneda banda Good Tenants e na publicidade do Mestrado de Animación Da el salto. Actualmente traballa en Digital Sun como artista xeneralista.