A MORDIDA
Pedro Neves Marques
Portugal-Brasil
2019
26’
Entre unha casa no bosque atlántico e unha fábrica de mosquitos xeneticamente modificados preto de São Paulo, unha relación poliamorosa e non binaria loita por sobrevivir a unha epidemia que se estende por todo Brasil. A Mordida é unha película que se atopa nalgún lugar entre o horror, a ciencia ficción e o drama queer.
Autor: Pedro Neves Marques
Director, artista visual e escritor (Lisboa, 1984). Expuxo en institucións de arte contemporáneo como o Castello di Rivoli, CaixaForum, o Museu Berardo e a Tate Modern, entre outras. As súas estreas cinematográficas inclúen as curtametraxes de ficción A Mordida e Exterminator Seed e a curta documental política Art and Hurt.
LA PENUMBRA
Dani Viqueira
España
2020
14’
Laura adéntrase na penumbra, un lugar onde é imposible distinguir a realidade do pesadelo.
Autor: Dani Viqueira
Nado en A Coruña en 1983, estudiou Realización e Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña e o Mestrado de edición e postprodución na Escola Trazos de Madrid. Limbo, a súa primera curtametraxe, estivo nominada en 140 festivais de todo o mundo. La Penumbra é a súa segunda curta coma director.
SOMOS CÁRCERE
Irene Pin
España
2021
13’ 44"
Elba leva un tempo á deriva. A monotonía dun traballo precario, a festa como evasión. Unha mañá érguese soa, espida, despois de rematar por enésima noite coa persoa equivocada. Cando quere marchar, descobre que Toni a deixou fechada por accidente. Mentres agarda nesa claustrofóbica soidade, coa gata Mei por única compaña, Elba terá que enfrontarse ás súas pantasmas. Porque a peor cárcere está na nosa mente.
Autor: Irene Pin
Nada en Lugo en 1995 é autora dos documentais Morrer Devagar e San Finx 1960. Entre os seus traballos de ficción destaca a primeira webserie interactiva en galego, Amnesia 3.0, finalista nos Mestre Mateo. Actualmente traballa no guión do seu primeiro filme, Terás que saltar, e vén de publicar o seu primeiro poemario, A ollada de Ειρήνη.
REALITY
David Fidalgo Omil
España
2020
8’
Tomando como punto de partida momentos da actualidade relevante dos anos 2019 e 2020, esta curta ofrece unha reflexión crítica e irónica sobre os programas da denominada “telerrealidade”
Autor: David Fidalgo Omil
Nado en Lugo en 1989, Fidalgo é realizador de curtametraxes de animación cun carácter moi persoal. Coa súa anterior curtametraxe, Homomaquia, conseguiu unha nominación aos Premios Goya 2020, o Premio do Público no Festival de Málaga e o Mestre Mateo, entre outros, ademais de estar presente en moitos festivais.