Algúns dos mellores filmes do mundo son feitos dende as beiras dun río pequeño e silencioso… Dada a singularidade do noso territorio, do Val do Támega, dividido pola Raia, e da nosa historia de emigración e fronteira con todos os seus significados en ambas as beiras, esta categoría acollerá curtas de cineastas de Galicia e de Portugal.
SANDWICH CAT
David Fidalgo
Galicia
2022
10’54”
David vive só co seu gato, Sandwich Cat. Parecía un día calquera sen máis, pero unha visita inesperada condúceo a unha reflexión crucial para a humanidade.
David Fidalgo
Graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde realizou un Mestrado en Álbum Ilustrado e Animación, o seu traballo artístico céntrase na plástica e na arte audiovisual de animación, abordando a condición do ser humano a través da ironía e o humor, incluíndo elementos da cultura popular. Sandwich Cat, a súa última curta, foi estreada no Festival SXSW (South by Southwest), acadando o Premio do Público.
MALGRAT
Santi Teijelo
Galicia
2023
16’
Proxecto documental que reflexiona sobre a capacidade dos espazos de albergar lembranzas. A través de imaxes do pasado gravadas coa vídeo-cámara familiar, de imaxes do presente e da confrontación de ambas as dúas, componse o relato de Iago e Javi, que fan unha viaxe para despedirse da casa familiar tras o recente pasamento da súa avoa.
Santi Teijelo
Nado en Santiago de Compostela en 1987, estudou Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou como director de fotografía, cámara e reporteiro gráfico. Dende 2019 céntrase na dirección, levando a cabo proxectos tanto de ficción coma documentais, acadando diversos premios e recoñecementos en festivais e concursos, como o IV Premio Xohana Torres de Creación Audiovisual, entre outros.
O HOME DO LIXO (THE GARBAGE BAND)
Laura Gonçalves
Portugal
2022
14’
Nunha calorosa tarde de agosto, a familia reunida á mesa lembra ao tío Botão: a Guerra Colonial, a emigración a Francia, onde viviu e traballou 30 anos como basureiro. As lembranzas de cada un crúzanse na historia dun home que viviu unha vida dura a través do humor e a fantasía, coma cando regresou a Belmonte, nunha furgoneta chea de lixo, convertida nun auténtico tesouro.
Laura Gonçalves
Rematou os estudos de Arte e Multimedia na Facultade de Belas Artes de Lisboa en 2009 e un Mestrado de Animación na Arts University Bournemouth en 2012. Ao ano seguinte trasladouse a Porto, onde comezou a traballar na produtora Bando à Parte. Actualmente traballa na Cooperativa BAP Animation Studio, da que é cofundadora e na que dirixiu o seu traballo máis recente, The Garbage Man.
RATICIDE
Joao Niza Ribeiro
Portugal
20222
23’
Nunha noite como tantas outras, indistiguible da anterior ou da seguinte, Carlos, que vive nunha misteriosa pensión, vese expulsado do seu cuarto. Ao outro lado da portal, unha rata tomou ao asalto as súas pertenzas, fortificándose no interior. Atrapado no lado de fóra, Carlos vese forzado a lidar cunha realidade progresivamente máis degradada, nun movemento de constante repetición, incapaz de enfrontarse ao que se agocha no outro lado da súa porta.
Joao Niza Ribeiro
Nado en 1987, estudou Cinema na Escola de Artes da Universidade Católica do Porto, onde rematou un Mestrado en Dirección, sobre as Contornas do Absurdo na Linguaxe Cinematográfica. A súa última película, The Damned Manifesto, gañou a competencia escolar no Festival Internacional de Cine de Fantasporto e recibiu o premio Take One! no Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde.