ECO
Aitor de Miguel
Galicia
2019
14’
En 1977, la sonda Voyager parte cara a galaxia cunha mensaxe en castelán gravada nos estudos de Radio Nacional de España. Case 50 anos despois, Carmen, enferma de alzheimer, afronta o traslado da súa casa do pobo cara a unha residencia.
Autor: Aitor de Miguel
Aitor funda a súa propia produtora, Cámara Lúcida Producciones, no ano 2008. Inmediatamente roda Acaso Yo e Defensora. Ambos os traballos percorren numerosos festivais.
OUTSIDE ORANGES ARE BLOOMING
Nevena Desivojevic
Serbia, Portugal
2019
20’
Unha cordileira nebulosa. Algunhas miradas de desconfianza e a inquedanza dun silencio absoluto. Cantos santos resonan dende a igrexa mentres un home aguanta só entre as paredes da escura casa. Vaga pola espléndida natureza, lamentándose da súa condición de home condenado a servir ao entorno que ten rexeitado.
Autor: Nevena Desivojevic
Nado en Serbia, obtivo a licenciatura en Xestión e Produción de Teatro, Radio e Cultura. Centrouse na dirección de películas dende que rematou os seus estudos de Cinema en Kvadrat, en 2014.
ONDE DORMEN AS GAIVOTAS
Dani Cornes
España
2020
12’
Nun futuro cercano afectado polo quecemento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago remoto en misión de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compaña é a voz de control no seu oído. Todo vai ben, pero o tempo pasa, as tensión aumentan e comenzan as discusións
Autor: Dani Cornes
Nado no Grove en 1997, é graduado en Comunicación Audiovisual. Onde dormen as gaivotas é o seu segundo proxecto como director. Ademais, é cantautor e compón a música das súas curtametraxes.
CARNE
Camila Kater
Galicia/Brasil
2019
12’
Cinco mulleres, de diferentes idades, comparten a súa visión acerca da autopercepción dos seus propios corpos e de como os demais os perceben.
Autor: Camila Kater
São Paulo, 1990. É directora, guionista e animadora, graduada en Cine e Televisión pola Anglia Ruskin University. Traballou en numerosas curtas e longametraxes de animación, sendo Carne a que lle deu o maior recoñecemento e premios en festivais de todo o mundo. É cofundadora do festival de animación brasileiro Lesma.