Este concurso está organizado pola Asociación Cultural Vía XIV en colaboración con Artes van Gogh e Boticas Hotel Art & SPA.
1. O concurso terá lugar en Verín, o 10 de setembro de 2023, na zona exterior do Auditorio Municipal.
2. Emprazamento: cada participante gozará lugar asignado pola organización e non poderá cambiar o sitio que se lle asigne.
3. Participantes: só se admitirán candidaturas de persoas maiores de 16 anos.
4. As inscricións realizaranse a través do formulario habilitado nesta páxina web antes do día 6 de setembro.
5. O concurso está aberto a un máximo de 15 persoas que serán seleccionadas por estricta orde de inscrición seguindo as indicacións que recollen estas mesmas bases.
6. Horario: Os artistas participantes contarán cun máximo de catro horas para finalizar a súa obra. A organización solicitará a aqueles e aquelas que participen estar presentes no punto de encontro acordado media hora antes do comezo da actividade. Ás 17.00h repartiranse os materiais e permitirase comezar a pintar. O concurso finalizará ás 21.00h. Nese mesmo intre, o equipo do festival recollerá as pezas e o resto do material.
7. A temática da obra deberá representar unha escena dunha película coñecida e todos os participantes deberán informar á organización da súa selección antes do comezo da actividade.
8. Soporte e material. O material será facilitado pola organización e constará dos seguintes elementos:
- Cabalete
- Bastidor con lenzo entre 24 x 30 y 30 x 40
- Pinturas acrílicas: Branco, negro, cyan maxenta e amarelo.
- Pincel fino e groso
- Lapis ara boceto
- Paleta mestura
- Auga
8.1. Os participantes serán agasallados cun pase total para as curtametraxes que se exhiban a concurso nesta edición do FIC Vía XIV. Ademais, desfrutarán dun petisco ofrecido pola organización.
9. Xurado: estará composto por tres persoas relacionadas co mundo da arte. A súa composición será anunciada antes do concurso.
10. Votación. Existirán diferentes tipos de voto.
A organización seleccionará a tres artistas locais para que compoñan o xurado profesional. O veredicto deste xurado profesional deberá resolver o ganador do denominado Premio Profesional.
O público tamén poderá exercer o seu dereito a voto escollendo, a través das papeletas dispoñibles no Auditorio de Verín ao seu gañador.
11. Premio Profesional. O premio constará de dúas noites no Boticas Hotel Art & Spa en Quarto Duplo Standard para dúas persoas con almorzo, acesso ao spa, ximnasio, WiFi, aparcadoiro. Ademais, quen gañe recibirá unha bolsa de agasallo con diferentes obsequios.
Para recibir o premio, a persoa deberá estar presente na gala final do FIC ou, no seu lugar, deixar a un representante. Neste último caso, deberase notificar con antelación a persoa na que se delegue a recollida do premio á organización.
Premio do Público. O premio constará dun lote de merchandising do FIC e un pack de produtos da D.O. Monterrei.
Para recibir o premio, a persoa deberá estar presente na gala final do FIC ou, no seu lugar, deixar a un representante. Neste último caso, deberase notificar con antelación a persoa na que se delegue a recollida do premio á organización.
12. Resolución dos premios. Ambos os premios, tanto o profesional como o do público, resolveranse antes do 15 de setembro.
13. Dereitos. As obras gañadoras pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural Vía XIV, que se reserva os dereitos sobre a mesma, incluido o de reprodución, sen negar a autoría do artista. O resto de obras serán recollidas polos seus autores ao rematar a semana do certame, o domingo 17 de setembro.