CONCURSO DE ESCAPARATES DE CINEMA VERÍN 2023
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais adheirods a Aever.
2.- VALORACIÓN
O leit motiv que centra a acción é o ámbito cinematográfico, que deberá ser o protagonista dos escaparates comerciais que opten aos premios. Deixarase total liberdade en canto a técnica e a estilo, valorando estes tres criterios:
--creatividade e orixinalidade
--combinación de elementos e cores
--iluminación e composición
A valoración máxima por cada un destes criterios será de tres puntos e o mellor escaparate será aquel que posúa a máxima puntuación.
3.- INSCRICIÓNS
Os locais comerciais interesados en tomar parte na iniciativa poden facelo a través do email info@ccaverin.com ou enviando un WhatsApp ao teléfono 630 354 869. O prazo límite para formalizar a inscrición finalizará ás 14,30 horas do luns 28 de agosto. O simple feito de inscribirse no concurso leva implícita a aceptación destas bases.
4.- OBRIGAS
Os participantes deberán dispoñer os escaparates con motivos relacionados coa sétima arte dende o venres 1 ata o domingo 17 de setembro. Ademáis, deberá estar visible o distintivo de participación no concurso facilitado no momento da inscrición.
5.- XURADO E PREMIOS
A Asociación Cultural Vía XIV designará aos membros do xurado, composto por un membro do Concello e por dous profesionais relacionados co eido do deseño artístico e/ou do escaparatismo.
O seu fallo será inapelable. O xurado visitará os escaparates seleccionados e outorgará premios aos tres mellores (150 euros para o primeiro, 75 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro).
A relación de premiados farase públcia durante o transcurso do Festival Internacional de Curtas de Verín, que se celebrará na vila entre o 8 e o 19 de setembro. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.