
Trátase dunha actividade que pretende achegar o mundo das curtametraxes ao público xeralista. Sacamos o cinema á rúa, invadindo a Praza Maior de Verín cunha proposta clásica onde a música en directo acompaña películas que forman parte da historia cinematográfica. Unha actividade gratuita que pretende formar novos públicos e ilustralos a propósito da evolución da sétima arte.
Caspervek será o grupo encargado de musicalizar o evento. Empregando elementos do jazz clásico, a música contemporánea, o folk ou a electrónica, os membros deste grupo construirán un espazo performativo propio onde a percepción sensorial terá un papel fundamental.
Así, gozaremos dunha selección de curtametraxes de linguaxe doada para o público xeral, entre as que salientan:
- Viaje a la luna (13min.)
- Alicia en el país de las maravillas (8 min.)
- Felix go west (8,22 min.)
- Les Kiriki (3min.)
- La casa eléctrica (19 min.)